17012020Vie
Última edición: Vie, 17 Ene 2020 9pm

Rematan as obras de mellora da seguridade viaria en EP 3101 en Tomiño

A actuación, adxudicada por preto de 110.000 euros, permitiu construír unha nova rotonda, canalizar o acceso á mesma e mellorar a sinalización da estrada

14 Enero 2020 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Un treito da EP 3101. / Foto: Deputación de Pontevedra Un treito da EP 3101. / Foto: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras de mellora da seguridade viaria na rotonda no punto quilométrico 3+780 da estrada provincial 3101 entre Tebra e Cristelos, no concello de Tomiño. A actuación foi adxudicada por preto de 110.000 euros para acometer unha reforma global e melloras na intersección da estrada, enmarcada no modelo de mobilidade segura do goberno provincial.

A través destas obras deseñouse unha nova rotonda co obxectivo de mellorar a seguridade viaria na intersección. Así, configurouse unha rotonda de diámetro exterior de 28 metros e interior de 8 metros, con dous carrís. Asemade, para canalizar o acceso a ela dispúxose mediante sinalización horizontal de illotes nunha lonxitude superior a 25 metros.

Tamén se acondicionaron zonas peonís na parada de autobús, á que terá acceso directo a través da rotonda e quedará marcada pola sinalización horizontal. Igualmente, se situaron sumidoiros e cuneta para as augas pluviais e efectuouse a instalación dunha nova rede de alumeado público con todos os elementos precisos para o seu correcto funcionamento.

Con estas obras dáse solución á necesidade de impulsar melloras en canto á seguridade viaria na EP 3101, así como acometer actuacións de mantemento e saneamento da plataforma e mellorar a sinalización tanto do límite da estrada como da zona de parada de autobús.

vigo

sucesos

  • Una tromba de agua inunda el centro de Vigo
    Una tromba de agua inunda el centro de Vigo La alerta amarilla anunciada para este jueves por lluvias persistentes y naranja por fuertes vientos está respondiendo a las expectativas en Vigo. Las precipitaciones están siendo constantes a lo largo del día y, unidas a las intensas ráfagas que están…
    Leer más...

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos