19012020Dom
Última edición: Sáb, 18 Ene 2020 9pm

Máis de mil persoas asistirán á representación do Conto de Nadal en Tui

Tras esgotarse todas as entradas dispoñibles na venda online, só restan 50 localidades para cada función que se poderán mercar o mesmo día no despacho de billetes

20 Diciembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Cartel de 'Conto do Nadal'. Cartel de 'Conto do Nadal'.

Cheo total é o que se agarda esta fin de semana no espectáculo ‘Conto de Nadal’ no Teatro Municipal de Tui. Este evento creou unha grande expectación, o que fixo que as entradas se esgotaran nuns días na venda online. Arestora, só hai reservadas 50 entradas para a función do sábado e outras 50 para o domingo, que se porán á venda no despacho de billetes hora e media antes do comezo.

O coro Mistura Vocal e a Escola de Danza Paula Cobián presentan un espectáculo innovador, ambicioso e singular cunha versión do conto de Charles Dickens con música coral de danza contemporánea. Alfredo Rodríguez dará vida ao protagonista da historia Scrooge, e actuará tamén o coro ImaGine VoiZes de Aldeas Infantiles. Unha coidada escenografía deseñada por Eva García e Juantxo García ambientará a posta en escena.

A estrea do ‘Conto de Nadal’ terá lugar o sábado ás 21.00 horas na primeira das funcións previstas. O domingo volverá levarse a escena ás 19.00 horas.

O espectáculo está dividido en cinco actos. As pezas que interpretará o Coro Mistura Vocal van dende o Renacemento, ao pop, pasando por composicións contemporáneas harmonicamente complexas. As 17 bailarinas da Escola de Danza Paula Cobián representarán, con danza contemporánea, as distintas escenas. A duración prevista do espectáculo é de 80 minutos.

vigo

sucesos

  • Una tromba de agua inunda el centro de Vigo
    Una tromba de agua inunda el centro de Vigo La alerta amarilla anunciada para este jueves por lluvias persistentes y naranja por fuertes vientos está respondiendo a las expectativas en Vigo. Las precipitaciones están siendo constantes a lo largo del día y, unidas a las intensas ráfagas que están…
    Leer más...

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos