19012020Dom
Última edición: Sáb, 18 Ene 2020 9pm

Un CD solidario recadará fondos para os nenos que quedaron orfos na explosión de Tui

Esta iniciativa do CRA Mestra Clara Torres reúne nove contos en galego e castelán narrados por actrices e actores

19 Diciembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Presentación do CD solidario. / Foto: Concello de Tui Presentación do CD solidario. / Foto: Concello de Tui

‘Cuentos con moito conto’ é o título do CD solidario que vén de editar o CRA Mestra Clara Torres de Tui con nove historia de OQO editora narradas en galego e castelán. Porase á venda ao prezo de 10 euros e os fondos recadados serán para os dous nenos que quedaron orfos na explosión rexistrada o pasado ano en Paramos.

Actrices e actores foron os encargados de pórlle a voz a cada un dos nove relatos de OQO Editora recollidos no CD que conta co deseño da portada, edición e mestura de son de Brais Sousa. Así Ana Santos pon voz ‘A Figueira de Pelostortos’, César Cambeiro ao conto ‘Chocolata’, Pepo Suevo a ‘Paco Papán’, Dani Trillo é a voz de ‘Galiño pelado’, Iria Acebedo le ‘La luna ladrona’, Melania Cruz ‘La sopa quema’ e Tito Asorey ‘No hace falta la voz’. Amais Fer González pon voz a ‘A tartaruga que quería durmir’ e Josito Porto le ‘Tam, Tim, Tom’.

Salvador García, presidente da Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei, quixo amosar o seu agradecemento a Teresa Domínguez e ao CRA por este xesto e outras acción que promoveron en solidariedade cos afectados pola explosión no barrio da Torre. Indicou que aínda que inicialmente a proposta era que os fondos fosen para este colectivo, dende a asociación suxeriron que puideran ser destinados aos dous nenos que quedaron orfos o 23 de maio de 2018. Hana Alamri, da familia que acolle as fin de semana a estes dous menores que se atopan tutelados pola Xunta, quixo tamén amosar o seu agradecemento pola iniciativa.

Teresa Domínguez, director do CRA Mestra Clara Torres, explicou que tras máis de tres meses de traballo este proxecto sae agora á venda, converténdose nun magnífico e solidario agasallo de Nadal. Pode adquirirse nas librarías tudenses Espazo Lector Nobel e Iris, e tamén noutros establecemento nos que figura o cartel anunciador do CD. Tivo palabras tamén de agradecemento para todos os que co seu gran de area fixeron realidade este traballo.

18122019 Cartel Cuentos con moito conto

vigo

sucesos

  • Una tromba de agua inunda el centro de Vigo
    Una tromba de agua inunda el centro de Vigo La alerta amarilla anunciada para este jueves por lluvias persistentes y naranja por fuertes vientos está respondiendo a las expectativas en Vigo. Las precipitaciones están siendo constantes a lo largo del día y, unidas a las intensas ráfagas que están…
    Leer más...

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos