19112019Mar
Última edición: Lun, 18 Nov 2019 7pm

Adxudicada a obra de mellora do acceso á praia do Muíño da Guarda

A actuación enmárcanse dentro do proxecto Visit Rio Minho, cofinanciado ao 75% polos fondos FEDER

04 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Plano da obra. Plano da obra.

A Deputación de Pontevedra vén de adxudicar a obra de mellora do acceso á praia do Muíño de A Guarda á empresa Marconsa S.L. por un importe de de 168.287 euros. A actuación forma parte do proxecto de cooperación europea ‘Visit Rio Miño’, de Preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo, do que a institución provincial é socia. Trátase dunha reforma redactada polo departamento de urbanismo do Concello da Guarda. Os obxectivos desta actuación son a recuperación e protección do espazo e a mellora do acceso aos servizos da praia por parte da cidadanía.

O plan contempla a construción dunha rotonda para regular o tráfico, darlle continuidade á senda litoral para unila coa fluvial e a creación dunha ampla área de uso exclusivo para as persoas.

Estas obras enmárcanse na actividade 4 do proxecto de cooperación europea Visit Rio Minho destinada á mellora e posta en valor da rede de sendeiros verdes transfronteirizos situados a ambas marxes do río Miño, a praia do Muíño conta con Bandeira Azul dende hai anos.

Visit Rio Minho está confinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da convocatoria de axudas do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad

comercio

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos