20012020Lun
Última edición: Dom, 19 Ene 2020 8pm

Esgotadas en menos de 24 horas as 300 prazas da DepoAndaina polo Trega e Folón

A penúltima andaina deste ano promovida pola Deputación de Pontevedra celebrarase o día 6 de outubro polos concellos da Guarda e do Rosal

24 Septiembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Os Muíños do Folón. Os Muíños do Folón.

En menos de 24 horas dende a apertura do prazo de inscrición quedaron esgotadas as 300 prazas que a Deputación de Pontevedra ofertou para a DepoAndaina polo Monte de Santa Tegra e a Ruta dos Muíños do Folón. A institución provincial abriu non obstante unha lista de espera que se pechará en canto complete outras cen prazas.

Esta camiñada, que terá lugar o domingo 6 de outubro, é a penúltima das sete rutas programadas este ano pola institución provincial para fomentar hábitos de vida saudable e promover o turismo. O itinerario, que percorrerá os concellos da Guarda e do Rosal, desenvolverase pola mañá e pola tarde.

Así, na ruta da mañá, as persoas participantes percorrerán a localidade pesqueira da Guarda e o espectacular Monte de Santa Tegra. Despois do xantar, desprazaranse ao veciño concello do Rosal, para realizar a Ruta dos Muíños do Folón. Para facilitar a participación na ruta, a Deputación de Pontevedra habilita autobuses que sairán dende a Praza de Galicia de Pontevedra e da Praza de España de Vigo.

Despois desta cita, as DepoAndainas chegarán ao seu remate este ano coa que terá lugar o día 12 de outubro pola ruta da Pedra e da Auga, no concello de Ribadumia. Para este itinerario a institución provincial abrirá o prazo de inscrición o vindeiro luns, 30 de setembro.

vigo

aeropuerto

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos