14102019Lun
Última edición: Lun, 14 Oct 2019 7pm

Tui inicia as obras de acondicionamento dos xardíns de Troncoso

Os traballos suporán un investimento de case 49.400 euros ao abeiro do Plan Concellos. Teñen un prazo de execución de mes e medio

23 Septiembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Infografía do proxecto. Infografía do proxecto.

Este luns 23 de setembro comezan as obras de acondicionamento dos xardíns de Troncoso financiadas ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, que teñen un prazo de execución de mes e medio. O obxectivo é rexenerar este espazo público situado no Paseo Familia Álvarez Blázquez que comunica o céntrico Paseo da Corredoira coa rúa Antero Rubín. A zona sobre a que se vai actuar era un dos antigos baluartes da muralla da cidade polo que as actuacións a realizar contarán cun control arqueolóxico durante a obra.

O novo deseño a executar nas próximas semanas busca potenciar a condición de lugar tranquilo, rodeado de natureza, deste espazo ao tempo que crear un espazo sensitivo coa combinación de árbores de sombra coma tilos con céspede e plantas aromáticas coma lavanda, tomillo, santolina, salvia e setos de buxo.  Dotarase a todos os xardíns de sistema automático de rego.

Os elementos existentes na actualidade coma a balaustrada de pedra, as pérgolas, a fonte, unha paxareira, e as lámpadas serán retiradas e depositadas na nave municipal en Guillarei para a súa recuperación e posterior uso noutros espazos. Igualmente as plantas existentes na actualidade, que serán retiradas plantaranse noutros lugares. Manterase no seu actual emprazamento tanto o busto de Sócrates coma o monumento a Faustino Rey Romero.

As obras foron adxudicadas por importe de 49.388 euros á empresa Excavaciones Y Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L.  Dende o Concello de Tui faise un chamamento á poboación a respectar a zona de obras, que estará debidamente sinalizada, para evitar calquera tipo de risco mentres duren os traballos.

Inicia sesión para enviar comentarios

vigo

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos