15102019Mar
Última edición: Mar, 15 Oct 2019 3pm

A Guarda inicia a reparación da esfera da súa prezada Torre do Reló

A edificación medieval, un dos elementos patrimoniais do casco urbano da vila, sufrira unha rotura parcial do seu reloxo

16 Septiembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Traballos de reparación na torre. / Foto: Concello da Guarda Traballos de reparación na torre. / Foto: Concello da Guarda

O Concello da Guarda iniciou os traballos de mantemento e reparación da esfera que se atopa antiga torre de procedencia medieval da Praza do Reló, un dos elementos patrimoniais do casco urbano do municipio da Guarda, que formaba parte da antiga muralla medieval e protexía un dos accesos á vila no máis alto do recinto.

No 1570 levantouse a actual torre sobre outra primitiva. Reedificouse no 1730 por ameazar ruína a anterior substituíndose nesta esta data a campá mentres o reloxo mecánico, doado por José Manuel Andreini, data de 1924. No corpo da torre destacan os escudos de armas.

Estes traballos realízanse despois da rotura parcial da esfera do ‘reló’, de xeito que estará fora de funcionamento ata que a esfera sexa substituída por unha nova, á vez que se realiza o mantemento do seu conxunto. Este elemento patrimonial é un dos máis fotografados polos visitantes que se achegan A Guarda cada ano, ademais da súa utilidade para ter informado aos veciños da hora.

Inicia sesión para enviar comentarios

vigo

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos