17092019Mar
Última edición: Mar, 17 Sep 2019 8pm

O marco xigante de Tui, punto neurálxico dun concurso de fotografía

O Concello convida a cidadáns e visitantes a participar no certame retratándose neste novo elemento turístico da vila

23 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
O novo marco instalado en Tui este verán. / Foto: Concello de Tui O novo marco instalado en Tui este verán. / Foto: Concello de Tui

O Concello de Tui vén de convocar o I Concurso Fotográfico ‘Enmárcate en Tui’, aproveitando a recente instalación dun marco na area de autocaravanas, na antiga ponte sobre o río Tripes (rúa Martínez Padín), que haberá que empregar para participar no certame. Nel poderán concorrer todas as persoas maiores de idade que o desexen cun máximo de dúas fotografías, podendo aparecer na instantánea tanta xente como o autor estime oportuno.

As imaxes -xunto co modelo de inscrición que está dispoñible na web tui.gal- deben ser remitidas ao correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., cubrindo os datos: nome e apelidos do autor, lugar de residencia, data na que foi tomada a instantánea, teléfono e correo electrónico, ademais da autorización para publicar a foto nas redes sociais do Concello, así como noutros medios de comunicación en caso de resultar gañadora, e a autorización expresa de publicación se aparecen menores na mesma.

As imaxes poderán enviarse ata o 30 de setembro. O xurado, nomeado polo Concello, dará a coñecer o seu fallo o venres 4 de outubro. A persoa gañadora recibirá unha figura decorativa réplica do pórtico da catedral de Tui.

Con este concurso trátase de premiar a creatividade dos visitantes á cidade e ao mesmo tempo promocionar a imaxe turística de Tui, que ten desde o punto onde esta situado este marco un perfil moi recoñecible coa catedral de fondo.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos