18092019Mié
Última edición: Mié, 18 Sep 2019 2pm

A Guarda entrégase aos produtos galegos da terra e do mar co gallo da Festa do Percebe

A vila acollerá tres días de degustacións variadas que estarán amenizadas con charangas e actividades para os cativos

20 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Percebes. Percebes.

A Alameda da Guarda acolle esta fin de semana a Festa do Percebe e de produtos da terra e do mar, que chega este ano á súa VIII edición cunha oferta gastronómica na que se inclúen mexillóns, nécoras, berberechos, empanadas, zorza, pementos de padrón, callos, ourella, chourizos, entre outros produtos.

O evento arranca na xornada do venres día 23 de agosto ás 21:00 horas e continuará o sábado 24 en horario de 12:00 a 16:00 e de 20:00 a 00:00 horas. Na xornada do domingo, a partires das 12:00 horas.

Todos os días haberá actividades para os máis cativos con inchables, ademais dunha Feira de Artesanía, charanga, música e moita festa.

NP 20082019 Nova cita gastronómica esta fin de semana na Guarda coa Festa do Percebe

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos