17012020Vie
Última edición: Vie, 17 Ene 2020 7pm

Unhas letras co nome da vila e un marco, novos elementos de promoción turística de Tui

O primeiro deles foi colocado na Oficina de Turismo e o segundo na área de autocaravanas

06 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
As letras colocadas na Oficina de Turismo. / Foto: Concello de Tui As letras colocadas na Oficina de Turismo. / Foto: Concello de Tui

O Concello de Tui vén de incorporar dous elementos novidosos á promoción turística do municipio. Por unha banda, na área de autocaravanas, na rúa Martínez Padín, xunto a ponte do río Tripes e a carón do monumento o peregrino, foi colocado un marco metálico de cor branco do que sobresae a palabra Tui en vermello, sostido por dúas mans.

Este marco está situado estratexicamente para que as persoas que o desexen podan tomarse fotos dende ese lugar coa silueta da cidade coma fondo.

A antiga ponte do río Tripes é un espazo que ofrece unha espléndida vista de Tui, resaltando a silueta da catedral , recortada contra o ceo e o casco antigo aos seus pés, polo que as fotografías tomadas desde ese punto son moi vistosas. Ademais, O Concello porá en marcha en breve un concurso para as persoas que se retraten neste emprazamento.

Por outra banda, tres letras móbiles de gran tamaño en cor branco, que forman a palabra Tui, están colocadas na Oficina de Turismo, na praza de San Fernando.

Dende a Concellería de Turismo agardan que as imaxes que se tomen nestes dous emprazamentos pronto comecen a circular nas redes, creando así un novo punto de atracción e promoción turística.

Marco Tui

sucesos

celebración

tribunales

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos