17012020Vie
Última edición: Vie, 17 Ene 2020 9pm

Tui reactiva o control na zona azul

O aparcamento regulado aplicarase na Corredoira e nas rúas Augusto González Besada, Foxo, Rosa Bahamonde e as súas travesías, onde se pode estacionar gratuitamente durante hora e media

31 Julio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Zona azul en Tui. / Foto: Concello de Tui Zona azul en Tui. / Foto: Concello de Tui

A partir deste xoves, 1 de agosto, reactivarase o control na zona azul de Tui de estacionamento gratuíto limitado no tempo. Este ámbito abrangue un centenar de prazas de aparcamento no Paseo da Corredeira, dende o cruzamento con Rosa Bahamonde até os soportais, a rúa Augusto González Besada, e as rúas Foxo e Rosa Bahamonde e as súas travesías. 

O estacionamento gratuíto limitado no tempo  a hora e media aplícase nestas vías de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas salvo domingos e festivos, segundo se recolle na Ordenanza Reguladora aprobada en 2008.

A Policía Local encargaranse de controlar á zona azul para garantir así a mobilidade dos vehículos estacionados. O Concello lembra que se debe colocar o disco horario coa hora de chegada en lugar visible no parabrisas. O disco pódese adquirir, por un prezo de 0,60 euros na tesourería na casa do concello. Tamén se pode empregar o disco de zonas azuis doutros concellos.

No centro urbano existen zonas de estacionamento sen límite de tempo coma o aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica, e os habilitados na rúa Irmáns Maristas, A Guarda e Coengo Valiño.

vigo

sucesos

  • Una tromba de agua inunda el centro de Vigo
    Una tromba de agua inunda el centro de Vigo La alerta amarilla anunciada para este jueves por lluvias persistentes y naranja por fuertes vientos está respondiendo a las expectativas en Vigo. Las precipitaciones están siendo constantes a lo largo del día y, unidas a las intensas ráfagas que están…
    Leer más...

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos