25082019Dom
Última edición: Sáb, 24 Ago 2019 10pm

As caboverdianas Batuko Tabanka e Leilía enchen de música o Castelo da Guarda

A quinta edición do festival Noites do Castelo contou cunha participación de arredor de 1.500 persoas

22 Julio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
O grupo Batuko Tabanka está formado por mulleres de orixe caboverdiana afincadas na Mariña Lucense. Fotos: Concello da Guarda O grupo Batuko Tabanka está formado por mulleres de orixe caboverdiana afincadas na Mariña Lucense. Fotos: Concello da Guarda

O pasado sábado día 20 de xullo o Castelo de Santa Cruz da Guarda acolleu a quinta edición de Noites no Castelo, un festival organizado dende a Concellería de Festas e Festexos Populares do Concello da Guarda e que contou coas actuacións dos grupos Batuko Tabanka e Leilía, enchendo de boa música un ano máis este emblemático espazo da vila guardesa, declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

O grupo de orixe caboverdiana Batuko Tabanka foi encargado de abrir este concerto ás 22:00h, cunha actuación na que a música típica de Cabo Verde foi a protagonista. Esta formación, integrada por mulleres de orixe caboverdiana e afincadas na Mariña lucense, ensinou aos presentes os cantos e como é o son do «batuko»,  que é un pano pregado colocado entre as pernas, ademais de bailes tradicionais. O grupo está formado por Antonina de Cangas, Antonina de San Cibrao, Ivone, Fafá, Beba, Isabel, Dezidéria, Ilda, Mariazinha, Chuca, Morena, Ilisa, Pachuca, Gali, Lopez, Gusma, Numete, Linsaja, Katuka, Mascu, Canlita, Comato, Belita e Santinha.

Ás 23:00h da noite chegaba a quenda de Leilía, un grupo galego de música tradicional de cantareiras- pandereteiras fundado en 1989 e composto por seis voces femininas, que naceu co propósito de recuperar a tradición oral galega.

Leilía foi un dos primeiros grupos de Galicia que se lanzou a percorrer as aldeas recopilando cancións tradicionais de boca dos anciáns do lugar, e a primeira agrupación de cantareiras que empezou a dar concertos en bares e pubs. A súa actuación mesmo convidou aos asistentes que foron partícipes con bailes entre o público para pechar unha nova edición de Noites no Castelo, cunha asistencia estimada de 1.500 persoas.

O Festival Noites no Castelo consolídase xa coma unha cita musical ineludible do calendario de verán do Concello da Guarda, pasando polo seu escenario grupos coma Ardentía, Milladoiro, a Banda Crebinsky, o gaiteiro Xosé Manuel Budiño, a cantante Mercedes Peón, a gaiteira Susana Seivane ou o grupo folk A Roda.

Esta edición de Noites no Castelo contou co apoio da Deputación de Pontevedra, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a Xunta de Galicia e a  colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais(Agadic) e o Xacobeo 2021.

MÁIS FOTOS

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

navidad 2019

transporte

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos