25082019Dom
Última edición: Sáb, 24 Ago 2019 10pm

A Deputación inicia as obras dunha nova glorieta en Tomiño

A actuación, que durará cinco meses, incluirá redutores de velocidade para crear unha zona 30, un itinerario peonil seguro e unha nova parada de autobús

15 Julio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Infografía da nova glorieta. Infografía da nova glorieta.

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra iniciará esta semana as obras de construción dunha glorieta para resolver a situación de inseguranza viaria que existe na intersección de Cristelos, no punto quilométrico 3+780 da estrada provincial EP-3101 dentro do Concello de Tomiño.

Ademais da construción da rotonda para regular o tráfico, instalaranse tamén elementos redutores de velocidade, delimitarase unha zona de circulación peonil e unha nova parada de autobús, e construiranse novos servizos de alumeado e drenaxe.

Segundo indica o departamento de Mobilidade, está previsto realizar a obra sen afección ao tráfico salvo durante os asfaltados, cunha previsión de execución de cinco meses, polo que a nova glorieta estará finalizada e operativa antes de finais deste ano.

A mellora da seguranza viaria na zona vén obrigada debido a que non existe un itinerario peonil seguro, posto que non hai cunetas e a beiravía está invadida de maleza, e a que a parada do autobús escolar existente non está convenientemente sinalizada, convivindo de xeito perigoso os tránsitos de persoas, coches e autobuses.

O proxecto inclúe unha ampliación da calzada para a instalación da rotonda, onde será preciso un pequeno desmonte. A nova intersección terá unha ronda cun diámetro exterior de 28 metros e dous carrís de catro metros cada un. Disporá de áreas con espazos de sección media útil de 2,5 metros para os peóns na zona da parada de bus, e crearase unha nova rede de alumeado público con 10 unidades de iluminación led, catro delas nunha columna no anel interior da nova glorieta.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

navidad 2019

transporte

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos