19012020Dom
Última edición: Sáb, 18 Ene 2020 9pm

Tui solicitará á Xunta unha nova escola infantil para atender á demanda

A Escola Infantil da Galiña Azul conta cun novo parque exterior e de xogos para os cativos

29 Junio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, visitou este venres a Escola Infantil da Galiña Azul de Tui para coñecer de primeira man o resultado da obra realizada no parque exterior do centro.

A actuación, rematada hai uns días, consistiu na adecuación do parque exterior a través da plantación de céspede e elementos verdes como setos e arbustos, a creación dun areeiro zona acolchada, e xogos para os cativos.

Apuntou o alcalde de Tui que o resultado da actuación, a falta de perfilar algún detalle, é positivo e que “responde a filosofía de goberno de que as instalacións públicas estean nas mellores condición para o desfrute, neste caso, dos usuarios da Escola Infantil”. O orzamento para a actuación foi de 20.930€ con cargo ao Plan Concellos 2017.

Por outra banda, o rexedor anunciou que vai solicitar á Consellería de Educación da Xunta de Galicia unha segunda Escola Infantil, indicando que o concello está disposto a proporcionar os terreos. Apuntou que este segundo centro “é necesario dado que a lista de espera é moi ampla e está a ser moi demandada polos veciños e veciñas de Tui”.

vigo

sucesos

  • Una tromba de agua inunda el centro de Vigo
    Una tromba de agua inunda el centro de Vigo La alerta amarilla anunciada para este jueves por lluvias persistentes y naranja por fuertes vientos está respondiendo a las expectativas en Vigo. Las precipitaciones están siendo constantes a lo largo del día y, unidas a las intensas ráfagas que están…
    Leer más...

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos