14122019Sáb
Última edición: Sáb, 14 Dic 2019 3pm

A Policía Autonómica de Vigo decomisa 41 quilos de percebe

O produto incautado repartirase entre centros benéficos e comedores sociais

18 Junio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Percebe incautado. / Foto: Policía Autonómica Percebe incautado. / Foto: Policía Autonómica

Axentes da Policía Autonómica da sede de Vigo veñen de incautar 41,3 quilos de percebe, tras unha operación levada en cabo en colaboración con vixilantes da Confraría do porto da Guarda.

Os axentes desprazáronse onte, 17 de xuño, ata a zona do porto da Guarda despois de que tivesen coñecemento da existencia de varios furtivos realizando marisqueo ilegal, aproveitando a noite e a baixamar.

Os furtivos, ao detectar a presenza dos axentes, fuxiron do lugar, unha zona de difícil acceso e agreste por culpa das rochas. Durante as batidas para localizalos, os axentes atoparon o alixo con 41,3 quilos de percebe, que estaban agochados nunha zona con moita vexetación.

O produto está agora mesmo depositado nunha cámara da Confraría para a súa custodia. Será repartido en dous centros benéficos ou comedores sociais.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

marítima

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos