20092019Vie
Última edición: Jue, 19 Sep 2019 7pm

A Guarda conta cun novo aparcamento con zona azul

A vila suma ao estacionamento de horario limitado un espazo situado na rúa Brasilino Álvarez

18 Junio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
O novo aparcamento regulado. / Foto: Concello da Guarda O novo aparcamento regulado. / Foto: Concello da Guarda

A Guarda conta cunha nova zona azul, de aparcamento disuasorio, na rúa Brasilino Álvarez, que foi implantada polo Concello co obxectivo de incrementar a mobilidade das persoas no casco urbano da vila. Este espazo, cunha capacidade aproximada de 25 turismos, rexerase polo sistema de estacionamento gratuíto con horario limitado. Os usuarios terán hora e media para poder aparcar os seus vehículos nesta zona, que dispón ademais de dúas prazas para persoas de mobilidade reducida.

Este aparcamento súmase aos postos en marcha recentemente para mellorar a mobilidade no casco urbano da vila, dentro da estratexia da campaña de mobilidade ‘A Guarda, todo moi preto’.

A Policía Local informa ademais de que se incrementará o control sobre as zonas de  estacionamento gratuíto con horario limitado zona azul. Os reloxos da zona azul poden atoparse de balde nos establecementos comerciais da vila e nas oficinas do corpo municipal.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

navidad 2019

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos