21102019Lun
Última edición: Lun, 21 Oct 2019 10pm

A Guarda recupera o Cruceiro Pinto de Salcidos

O conxunto monumental, composto por tres elementos, foi construído no século XVIII

12 Junio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
O cruceiro recuperado. / Foto: Concello da Guarda O cruceiro recuperado. / Foto: Concello da Guarda

O Concello da Guarda vén de rematar as obras do Proxecto de Urbanización do entorno do Cruceiro Pinto de Salcidos. Neste proxecto de renovación do pavimentado do camiño da Cruz, situado no núcleo de San Lourenzo, realizouse unha obra para a acondicionar este ben patrimonial, permitindo mellorar este camiño para o servizo do común dos cidadáns.

Dito entorno abarca un ámbito de 125 metros cadrados que presentaba un firme de aglomerado. Arestora conta cun empedrado de 10 centímetros combinando lousa con lastros de granito aserrado, instalando tamén uns proxectores para iluminación ornamental deste conxunto.

Este conxunto monumental está composto por tres elementos: o cruceiro, o peto de ánimas e unha estela, foi construído entre os anos 1746 e 1764. Sobre unha base levantase unha columna cilíndrica rematada nun capitel con follas de acanto, sobre a Cruz un Cristo e San Francisco orante á esquerda.

Estas obras realizáronse grazas a unha axuda da Deputación de Pontevedra dentro do Plan Concellos 2018-19 Liña 1 cun importe total de 21.455 euros.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos