25082019Dom
Última edición: Dom, 25 Ago 2019 10am

A Audiencia Provincial absolve ao alcalde de Tui dun delito de ameazas leves

O rexedor recorrera a sentenza emitida en primeira instancia o pasado mes de decembro. A resolución da audiencia é firme e non cabe recurso

23 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Carlos Vázquez Padín. / Foto: Concello de Tui Carlos Vázquez Padín. / Foto: Concello de Tui

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, manifestou este martes en rolda de prensa a súa satisfacción política e persoal logo de que a Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra o absolvera dun delito leve de ameazas, do que fóra condenado o pasado mes de decembro polo Xulgado de Instrución número 3 de Tui tras a denuncia presentada polo técnico do club Kaiak Tudense, Esteban Alonso.

Na súa sentenza, a maxistrada estima o recurso presentado polo alcalde de Tui contra o fallo do Xulgado de Instrución, absolvéndoo do delito. Contra esta resolución non cabe recurso. O alcalde, Carlos Vázquez Padín, explicou que presentou recurso á sentenza do mes de decembro ao entender que “pola miña honra persoal valía a pena recorrer”.

O rexedor entende que agora “se fai xustiza”. Apuntou ademais que na sentenza da Audiencia se entende que en Primeira Instancia non se aplica o principio de 'in dubio pro reo' nin o de mínima intervención ao tempo que non hai axuste ao tipo penal.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

transporte

celta

sucesos

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos