19012020Dom
Última edición: Dom, 19 Ene 2020 11am

Tui pasa a formar parte da Red de Juderías de España

Esta inclusión suporá un gran paso na posta en valor e promoción do seu patrimonio serfardí

29 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)

Tui entrará a formar parte da Red de Juderías de España. Así o acordou esta entidade na súa Asemblea Xeral celebrada en Madrid conformada por 18 municipios, que a partir de xuño estará constituída por 22 coa incorporación de Tui, Béjar, Sagunto e Lorca. Precisamente a entrada efectiva producirase na segunda asemblea da Red a finais dese mes.

O Concello presentou o ano pasado a súa candidatura para entrar a formar parte da Red de Juderías de España coma un paso importante e imprescindible para seguir pondo en valor e promocionando o seu patrimonio vinculado á presenza de xudeus e xudeus conversos na cidade. O proceso incluíu a presentación dunha memoria, a defensa da candidatura e a visita á cidade do comité avaliador. Concluíu co visto e prace dando onte pola asemblea xeral onde a Comisión de Admisión de Cidades expuxo as súas conclusións. 

Dende a Red de Juderías valoran o legado xudeu que Tui atesoura no que destacan os  Sambenitos, pezas únicas en Europa, atopados na Catedral. Tamén a presenza da casa de Salomón na rúa Canicou, única na súa tipoloxía en Galicia, cun patio central arredor do que se distribúe a vivenda, xunto á menorá gravada na pedra do claustro catedralicio, que testemuña a relación existente entre a comunidade xudía e a cristiá.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, explicaba que a vila entra así nun grupo de cidades moi selectas en canto a patrimonio, o que “pon a Tui noutra división a efectos de promoción turística e patrimonial, e recoñecemento da importancia patrimonial e histórica que ten a cidade”. Isto pode redundar na dinamización da economía do municipio con xeración de emprego e investimento, e pode ser quen de xerar investimento privado para a rehabilitación patrimonial.

Coa entrada de Tui na Red de Juderías deseñarase un programa de actuacións encamiñadas a cumprimentar os requisitos de pertencer á Rede e para aproveitar  o potencial que representa, cun bo traballo de recuperación do patrimonio. Precisamente o Plan Director de Turismo, arestora en redacción, terá xa en conta esta pertenza á Red de Juderías de España.

vigo

aeropuerto

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos