26042019Vie
Última edición: Vie, 26 Abr 2019 9am

Comezan na área de Vigo os cursos de apicultura moderna e sostible

O obxectivo é capacitar a persoas desempregadas para poñer en marcha explotacións apícolas

23 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Haberá formacións no Rosal, Salceda de Caselas ou Ponteareas. / Foto: Pexels Haberá formacións no Rosal, Salceda de Caselas ou Ponteareas. / Foto: Pexels

A Deputación de Pontevedra inicia a próxima semana en varios municipios da área metropolitana de Vigo os cursos formativos ‘A apicultura moderna e sostible’, enmarcados no proxecto DepoApicultura  e que se desenvolverán ata o mes de setembro. É un programa que se desenvolve en zonas rurais da Rede Natura da provincia cuxo obxectivo é o de mellorar a empregabilidade no sector apícola, sobre todo daquelas persoas con dificultades de acceso ao mercado laboral.

Esta próxima semana comezan os cursos presenciais no Rosal, Vilaboa e Barro. Participarán máis de 50 persoas desempregadas -unhas 18 por curso- e a formación terá unha duración total de 50 horas, que se desenvolverá en xornadas de mañá de 9 a 14 horas. Trátase de actuacións totalmente gratuítas. Máis polo miúdo, as accións formativas no Rosal comezan este martes 26 de marzo, no Centro de Formación A Mata. Os seguintes días de formación serán o 9 de abril, 7 e 28 de maio, 15 e 25 de xuño, 9 e 30 de xullo e 3 e 10 de setembro. En Vilaboa, na Casa da Xesta, comezan os cursos o mércores 27 e despois continuarán o 10 de abril, 8 e 29 de maio, 12 e 26 de xuño, 10 e 31 de xullo e 4 e 11 de setembro. No Salón de Plenos do Concello de Barro inician as accións formativas de DepoApicultura o vindeiro xoves 28 de marzo para continuar logo o 11 de abril, 9 e 30 de maio, 13 e 27 de xuño, 12 de xullo, 1 agosto e 5 e 12 de setembro.

Tamén haberá formación semipresencial nos municipios de Salceda de Caselas os días 16 e 17 de abril, Ponte Caldelas os días 23 e 24, Ponteareas 14 e 15 de maio e O Rosal 21 e 22 de maio. Tanto os cursos presenciais coma os mixtos contan con sesións teóricas e prácticas.

En canto á teoría, a formación centrarase na apicultura moderna e na elaboración de plans empresariais, nas estratexias de busca de emprego e na preparación do CV. Pola súa banda, as sesións prácticas abordarán cuestións relativas ao estado das colmeas, á súa división, á preparación da colmea incubadora, á cría masiva de raíñas, á revisión e colocación de alzas, á extracción do mel, á profilaxe e tratamentos sanitarios e á elaboración de produtos derivados do mel.

O proxecto DepoApicultura, cun orzamento de máis de 102.221 euros, ten por obxectivo capacitar ás persoas para a posta en marcha e mantemento dunha explotación apícola moderna, informando sobre as posibles orientacións produtivas e fomentando novas vías de xestión e comercialización mediante o emprego de novas tecnoloxías.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

sucesos

fiesta

patrimonio

gastronomía

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos