20032019Mié
Última edición: Mié, 20 Mar 2019 1pm

O servizo de ferri entre A Guarda e Caminha suspende a súa actividade ata abril

O transbordador ten que facer a súa parada anual por labores de mantemento

15 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
A embarcación que une A Guarda e Caminha. / Foto: Concello da Guarda A embarcación que une A Guarda e Caminha. / Foto: Concello da Guarda

O servizo do ferri entre A Guarda e Caminha quedará suspendido ata novo aviso este sábado 16 de marzo. O motivo son os traballos de revisión e mantemento obrigatorios que ten que pasar a embarcación, que fan que sexa necesario varalo no estaleiro.

A previsión é que o servizo se restableza en tres semanas unha vez pasada a revisión correspondente e a renovación do certificado de navegabilidade, polo que non se poderá empregar o servizo ata o mes de abril.

Con todo, o Concello da Guarda informará do día exacto no que se retomará a actividade cando se poida confirmar a data de xeito máis preciso.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

tráfico

televisión

opinión

  • Colonoscopia pública
    Colonoscopia pública Si le hacen una colonoscopia en un hospital del Sergas tenga la seguridad y la tranquilidad de que será una colonoscopia pública. Con las nuevas políticas de publicidad, además, tal vez le pongan un sello en el culo que haga…
    Leer más...

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos