21052019Mar
Última edición: Mar, 21 May 2019 10pm

A Guarda participa nun simulacro de emergencias internacional no Miño

Os efectivos despregados realizaron un simulacro de incendio no Ferry Boat no Río Miño e participaron na extinción do lume e evacuación de ferido

15 Marzo 2019 por
El Pesca 1 en un momento del simulacro./ Foto: Concello da Guarda El Pesca 1 en un momento del simulacro./ Foto: Concello da Guarda

Un operativo do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Guarda participou este venres nun simulacro de emerxencias internacional no marco do proxecto ARIEM 112 con medios de emerxencias galegos e portugueses que contou coa participación de persoal da AXEGA, Guardia Civil, GES da Guarda, Armada Española, Helicóptero Pesca 1, GNR, Protección Civil, Capitanía Marítima de Caminha, INEM, Bombeiros Voluntarios de Caminha, entre outros.

Ao longo da mañá os efectivos de emerxencias despregados realizaron un simulacro de incendio no Ferry Boat no Río Miño, participando na extinción do lume e evacuación de feridos. Un dos efectivos do GES da Guarda foi evacuado no Helicóptero do PESCA 1 dende o Ferry Boat.

O Concelleiro de Emerxencias do Concello da Guarda, Miguel Español, e o Deputado Provincial, Santos Héctor, supervisaron dende a dársena de Caminha o transcurso deste simulacro, valorando moi positivamente este tipo de actuacións, posto que serven de formación para os compoñentes do GES, así coma unha gran axuda para a coordinación dos diferentes medios de emerxencias na zona transfronteiriza do Río Miño.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

sucesos

el tiempo

  • El calor ya tiene fecha de regreso en Vigo
    El calor ya tiene fecha de regreso en Vigo Tras varias jornadas debatiéndose entre nubes y claros y con temperaturas que no logran alcanzar los 20 grados, Vigo experimentará un cambio de tendencia con la llegada del fin de semana. La subida de los termómetros será progresiva pero se…
    Leer más...

conflicto laboral

solidaridad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos