19012020Dom
Última edición: Dom, 19 Ene 2020 11am

O novo mapa que achega aos visitantes a Ruta Xudía de Tui

O Concello vén de editar 15.000 exemplares e habilita unha ferramenta online para ampliar a información

15 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)

Tui conta xa cun novo mapa turístico da Ruta Xudía da vila que permitirá achegar de xeito máis eficaz o percorrido que poden facer os visitantes polo municipio, para coñecer así o pasado tudense. A guía continúa a liña iniciada hai un meses co rueiro para renovar a información turística.

O novo folleto, en formato trilingüe -galego, castelán e inglés-, recolle un mapa cos elementos máis singulares do legado xudeu en Tui: a Porta da Pía, a Sinagoga, a Casa dos Capeláns, a Porta da Torre, a Casa de Salomón, o Cárcere capitular, as Cruces en Pedra, a Menorá da Catedral e os “Sambenitos”. Conta ademais con información histórica sobre estes elementos. 

Outro dos puntos que pon en valor no folleto é a aplicación móbil turismotui.mobi, que a través de códigos QR, incluídos na sinalización do conxunto monumental, permite a realización de rutas guiadas, así como ampliar a información sobre cada punto de interese.

Deste novo folleto fíxose unha primeira edición de 15.000 exemplares, que están xa dispoñibles para os interesados na casa consistorial.

vigo

aeropuerto

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos