Imprimir esta página

Tui sobe a aposta de Abel Caballero co alumeado de Nadal

O Concello decidie manter a decoración navideña até finais de mes "para apoiar ao comercio local no período de Rebaixas"

11 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Nadal en Tui. / Foto: Concello de Tui Nadal en Tui. / Foto: Concello de Tui

Abel Caballero decidiu que o alumeado de Nadal da cidade olívica estivera acendido ata este domingo, 13 de xaneiro, pero na mesma comarca de Vigo hai quen mellorou a súa aposta e prolongára a decoración navideña ata fin de mes.

A iluminación de Nadal nas rúas tudenses manterase ata finais deste mes de xaneiro, co obxectivo de apoiar así ao comercio local no período de rebaixas. Así o vén de decidir o Concello co obxectivo de "favorecer a actividade do comercio local".

A programación festiva en Tui comezou o pasado 7 de decembro (en Vigo foi o 24 de novembro) co acendido do alumeado de Nadal. Foi na praza da Inmaculada nun acto no que contou coa actuación da rondalla O Mosteiro de Pexegueiro.

Carlos Vázquez Padín avanzou entón que a comezos de ano sairá a licitación a instalación durante varios anos do alumeado das Festas de San Telmo e de Nadal. Explicaba o rexedor tudense que coas actividades previstas ao longo destas datas se busca “dinamizar a rúa e o comercio local, e dar unha alternativa de lecer durante o período de Nadal”, ao tempo que se ten un xesto solidario cos veciños de Paramos e Guillarei afectados pola explosión do 23 de maio.

O concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, destacou precisamente a pista de xeo ecolóxica o que supón que terá moito menor consumo, é máis respectuosa co medio ambiente. Juan Carlos Blanco, presidente de Acitui, indicou que o obxectivo das actividades organizadas, nomeadamente a pista de patinaxe, perseguía animar as datas festivas na cidade.

Pablo Domínguez da Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei agradeceu o xesto solidario cos afectados.

Inicia sesión para enviar comentarios