24012020Vie
Última edición: Vie, 24 Ene 2020 6pm

Comezan os traballos de demolición da pirotecnia de Baldráns

O xuíz ampliou ata o 15 de xaneiro o prazo para completar a execución da sentenza

12 Diciembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)

Os traballos de demolición das instalacións da Pirotecnia La Gallega en Baldráns comenzaron este mércores, segundo informou o Concello de Tui, dando así cumprimento a sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra.

O inicio dos traballos de demolición tiveron que agardar ata o remate do desaloxo do material explosivo, 2.800 quilos, que aínda había no interior das instalacións e que concluíu na fin de semana por parte dos TEDAX e de Intervención de Armas da Garda Civil.

O concello mentres tanto contaba xa tanto cos informes favorables do ISSGA para a retirada do amianto, que se realizou no día de hoxe, como coa empresa que se encarga da demolición. En concreto se trata de 25 casetas as que teñen que ser demolidas.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, agarda que estes traballos poidan estar rematados antes de que finalice o ano, aínda que nun novo auto o xuíz amplía ata o 15 de xaneiro o prazo para executar a sentenza.

Por outra parte o rexedor agradeceu o auto do xuíz que atribuía aos TEDAX e a Garda Civil a responsabilidade de realizar o desaloxo das instalacións. Así coma tamén a estes corpos polo traballo realizado.

sucesos

sanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos