24012020Vie
Última edición: Vie, 24 Ene 2020 5pm

Comeza a inspección da pirotecnia de Tui previa ao desaloxo do material

O Concello asegura que xa conta co proxecto de demolición das 25 casetas existentes nas instalacións

28 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)

O Concello de Tui procedeu este mércores pola mañá a entrar nas instalacións da pirotecnia La Gallega en Baldráns para permitir que os TEDAX e Intevención de Armas da Garda Civil procedesen a cumprir o mandato xudicial consistente no desaloxo do material pirotécnico e explosivo que se atopa no interior como paso previo á demolición das 25 casetas existentes.

O xuíz daba dez días  para o desaloxo do material explosivo, que expiran o día 30, e todo parece indicar que non se cumprirá este prazo por parte dos encargados do desaloxo.  O alcalde, Carlos Vázquez Padín, manifestou que se manterá puntualmente informado ao xuíz de todo o que  aconteza e de calquera cuestión que retrase os prazos por cuestións alleas á vontade municipal.

Ás 09.00 horas a Policía Local desprecintou as instalacións, que foron abertas a continuación por un familiar do propietario. Accederon a elas efectivos da Polícía Local, os TEDAX, Intervención de Armas da Garda Civil un efectivo do Consorcio Provincial de Bombeiro, xunto ao alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o concelleiro de Seguridade, Antonio Castro.

Calcúlase que no que interior das instalacións pode haber 2.700 quilos de material pirotécnico e explosivo, do que parte foi o intervido nos dous almacéns clandestinos localizados tras a explosión no barrio da Torre.

Vázquez Padín, explicou que Intervención de Armas da Garda Civil e os TEDAX entregarán este venres o cronograma para o desaloxo, que se realizará, probablemente, o longo da próxima semana.  Por outra banda, o mandatario municipal manifestou que  o Concello tiña os deberes feitos para comezar coa demolición, para o que este mércores chegou a autorización do ISSGA para a retirada do amianto, e tamén foi contratada por tramitación de emerxencia a empresa que es fará cargo da demolición.

sucesos

sanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos