24012020Vie
Última edición: Vie, 24 Ene 2020 6pm

O Concello de Tui iniciará o desaloxo da pirotecnia de Baldráns o mércores 28

Unha vez rematado ese baleirado comezará a demolición das instalacións tal e como ordenou o xulgado

20 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)

O mércores 28 de novembro, ás 09.00 horas, procederase ao desaloxo do material existente na pirotecnia de Baldráns, logo de que no auto do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra recibido no Concello de Tui se dea un prazo improrrogable dun mes para proceder á execución total e completa da sentenza, mediante o desaloxo e baleirado das instalacións, e a súa posterior demolición.

Así este martes o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, asinou un decreto no que ordena que se requira ao redactor do Proxecto de Demolición da Pirotecnia La Gallega a que de maneira urxente presente o proxecto de demolición da totalidade das edificacións existentes.

Do mesmo xeito, no decreto se manda dar traslado do auto do xulgado tanto á Subdelegación do Goberno como á unidade de Intervención de Armas da Garda Civil para que procedan segundo o recollido no documento emitido polo xuíz.

Tamén notificouse á propiedade a que nesa data debe abrir voluntariamente a instalación. En caso contrario, a Policía Local de forma coordinada cos TEDAX e coa Intervención de Armas da Garda Civil procederá a retirar o precinto das instalacións, entrar, trasladar e eliminar todo o material pirotécnico e explosivo que se atope no interior.

Unha vez completado o desaloxo iniciarase a demolición completa das instalacións, conforme ao proxecto encargado, para o que no decreto da Alcaldía se ordena ao departamento de Contratación para que dada a “urxencia, gravidade e premura da situación conforme ao artigo 120.a da Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público” formalice o contrato coa empresa Demoliciones y Desamiantados de Galicia SL para que realice estes traballos de forma inmediata.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, valora moi positivamente que se poida executar a sentenza de forma tan inmediata, ao implicar o xuíz á Subdelegación no desaloxo.

sucesos

sanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos