13122019Vie
Última edición: Vie, 13 Dic 2019 2pm

Os veciños de Paramos contarán co asesoramento dun arquitecto e cun novo traballador social

Incorpóranse a próxima semana ao Centro de Afectados de Guillarei. Na primeira semana de setembro rematarán os traballos de desamiantado

24 Agosto 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Continúan os traballos de desamiantado e retirada de cargas sobre forxados. / Foto: CdT Continúan os traballos de desamiantado e retirada de cargas sobre forxados. / Foto: CdT

A próxima semana se incorporará novo persoal ao Centro de Afectados en Guillarei. Trátase dun arquitecto e dunha traballadora social contratados polo concello de Tui para reforzar a atención aos afectados da explosión de Paramos no eido urbanístico e social.

Logo de rematado o proceso de selección finalmente será nos primeiros días da próxima semana cando este persoal comece a atender aos afectados de luns a venres de 9:00 a 14:00. Tamén continúan a traballar o xerente urbanístico da catástrofe, a traballadora social, unha auxiliar administrativa, unha asesora fiscal e un experto en seguros.

Mentres tanto continúan os traballos de desamiantado e retirada de cargas sobre forxados e apuntalamentos de seguridade da zona afectada pola explosión do pasado 23 de maio, nos que se teñen retirado xa 250 toneladas de amianto, prevéndose chegar ás 300 toneladas. A isto súmanse 90 m3 de lixo procedente de enseres inservibles e outros 90 m3 de madeira queimada e restos das canas dos fogos artificiais. Estes traballos está previsto que rematen na primeira semana de setembro.

Por outra parte, está ultimándose o proxecto de xestión de residuos que poderá estar concluído a próxima semana, sendo este documento o paso previo para acometer o desentullo da zona, agardando que o goberno central cumpra o seu compromiso verbal nese senso.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

marítima

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos