19112018Lun
Última edición: Lun, 19 Nov 2018 5pm

A Guarda propón construir un dique para evitar a erosión en Camposancos

O equipo de goberno mantivo unha reunión monográfica a que acudiu tamén o presidente da Entidade Local Menor de Camposancos

11 Julio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Estado de erosión na praia da Lamiña. / Foto: Concello da Guarda Estado de erosión na praia da Lamiña. / Foto: Concello da Guarda

O equipo de goberno do Concello da Guarda considera que a mellor alternativa para evitar a erosión en Camposancos é a que propón a construción dun dique-espigón de “escollera” a baixa cota e lonxitude a determinar como continuación dos baixos entre as praias do Muíño e A Lamiña, cara ao este.

O Concello da Guarda emitiu este mércores un comunciado no que sinala que "despois de meses de espera e de reclamacións pola falta de novas" en relación coa erosión do litoral na praia da Lamiña, chegou o esperado informe do Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (Cedex).

Explican desde o Consistorio que no estudo propóñense cinco alternativas de actuación para mellorar a situación actual. Segundo o escrito que acompaña ao informe, da recén nomeada directora general de Sostenibilidade de la Costa y el Mar, Ana María Oroño Valenciano, estanse analizando as cinco alternativas propostas polos técnicos para contratar o correspondente proxecto construtivo e o estudio de impacto ambiental, dado que a zona pertence a Rede Natura 2000.

Para analizar e valorar as alternativas que propón o Cedex, o equipo de goberno da Guarda mantivo unha reunión monográfica, a que acudiu tamén o presidente da Entidade Local Menor de Camposancos, Rafael Álvarez, e o ex alcalde José Manuel Domínguez Freitas.

As conclusións desta reunión, ao entender do equipo do goberno, están na liña de defender os intereses do concello da Guarda e os valores mediombientais do espazo que sofre o problema erosivo. Así, prantean que "débese evitar que a auga do río entre na zona inundable que está por dentro do cordón dunar, que segundo o informe ten unha extensión aproximada de 150x30 m." e tamén "débese evitar que continúe a erosión do litoral coa conseguinte perda do cordón dunar e da praia".

Ademais, o Concello sinala que a solución que se adopte debe evitar a reprodución do problema no futuro polo que debe facilitar a rexeneración natural da praia e do ecosistema dunar. "Non parece razoable gastar os cartos públicos en actuacións con risco de destrución como sucedeu na “escollera” do Codesal", explica.

Para o Concello resulta de interese que a zona da praia que desapareceu pola erosión do litoral poida recuperarse como un espazo de uso público. "Hai que lembrar que a praia do Muíño ten os distintivos de Bandeira Azul e Eco-Praia e, ademais das consideracións mediomambientais, debe terse en conta a preservación e mantemento do dominio público que é  unha competencia de costas do Estado", engaden.

Segundo o informe do Cedex, xa en 1979 o Plan Indicativo de Usos do Dominio Público do Litoral propuña a construción de catro espigóns e o vertido de áridos neste espazo, unha actuación que nunca se levou a cabo. No ano 2015 o Servizo Provincial de Costas propuxo a e executou na zona próxima ao Codesal unha actuación de protección do litoral con sacos terreiros, ante a solicitude feita dende o consistorio local polo deslizamento do sendeiro próximo, actuación que na actualidade se atopa “en total ruina” e da que tamén se solicita a súa reparación dende o concello.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

salud

fotodenuncia

seísmo

navidad

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos