Imprimir esta página

O alcalde de Tui reunirase co delegado do Goberno para axilizar axudas a Paramos

Concretaranse distintas cuestións vinculadas á solicitude de declaración de zona gravemente afectada

30 Junio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Reunión cos veciños celebrada no Centro Cultural de Guillarei. Reunión cos veciños celebrada no Centro Cultural de Guillarei.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, reunirase o próximo xoves co delegado do goberno en Galicia, Javier Losada, para concretar distintas cuestións vinculadas á solicitude de declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil para a parroquia de Paramos.

Así o informou esta mañá o rexedor tudense aos veciños na reunión que mantivo con eles no Centro Cultural de Guillarei, xunto co xerente urbanístico, Rubén Vázquez, e a traballadora social, Carmen González, co obxectivo de dar conta do traballo que está a realizar o Concello e dos asuntos que está a tramitar con outras administración.

Nesta reunión tamén expuxo o acordo tomado no pleno do pasado xoves de habilitar 505 mil euros con cargo ao remanente de tesourería para a catástrofe de Paramos, en concreto para o desamiantado, o proxecto de xestión de residuos e a contratación de persoal para a atención dos afectados.

Por outra parte deu conta de que dende o concello estudarán cos técnicos o encaixe xurídico para que as memorias valoradas das vivendas da zona cero sexan asumidas polo propio concello e que as axudas municipais poidan incluír tamén a reparación dos vehículos danados na explosión.

Inicia sesión para enviar comentarios