23012020Jue
Última edición: Jue, 23 Ene 2020 8pm

O alcalde de Tui convida a Pedro Sánchez a visitar Paramos

O rexedor remite unha carta ao presidente do Goberno na que lle traslada “a necesidade dun forte compromiso económico e de colaboración”

15 Junio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, vén de convidar ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a que visite Tui “coa maior brevidade que sexa posible” para coñecer de primeira man a situación que se vive no municipio tras a explosión dun almacén clandestino de material pirotécnico rexistrada o pasado 23 de maio no barrio da Torre, en Paramos.  Deste xeito, indica o rexedor, o presidente poderá “avaliar a absoluta necesidade que temos dun forte compromiso económico e de colaboración por parte do goberno central”.

Vázquez Padín remitiu un escrito a Sánchez no que lle lembra que coma consecuencia da explosión faleceron dúas persoas, houbo unha trintena de feridos, e gran numero de vivendas, propiedades e vehículos resultaron afectados. 

Unha catástrofe de tal magnitude, sinala, que “máis de 700 persoas se viron prexudicadas gravemente” e que afectou tamén ás infraestruturas como camiños, instalacións de canalizacións de auga potable, saneamento, tendidos eléctricos, telefónicos.

Ante esta situación o alcalde lembra que a corporación municipal, con acordo plenario unánime do 31 de maio, solicitou a declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil por considerar que “concorre no territorio afectado pola explosión un estado de necesidade sobrevido a esta comunidade de persoas, inevitable e imprevisible, que alterou afectiva e substancialmente as condicións de vida desta colectividade, producindo danos de considerable gravidade a unha pluralidade de veciños”.

fitur 2020

sucesos

sanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos