23062018Sáb
Última edición: Sáb, 23 Jun 2018 10am

Tui contrata un experto en seguros para asesorar aos afectados de Paramos

No Centro de Afectados estase a elaborar unha listaxe de empresas e técnicos interesados en participar nas obras de reconstrución

13 Junio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Una vivienda dañada en Paramos. / Foto: Cedida Una vivienda dañada en Paramos. / Foto: Cedida

Un avogado experto en seguros, contratado polo Concello de Tui, asesorará a partir deste xoves aos afectados nas tramitacións e reclamacións ante as súas compañías de seguros. Este profesional especializado atenderá os martes e xoves de 16.00 a 20.00 horas no Centro de Afectados aos interesados, que deben levar consigo a póliza do seguro para que a súa consulta poida ser xestionada.

Ademais, para poder facilitar aos afectados que o desexen unha listaxe con técnicos e empresas interesadas en realizar os labores de reconstrución e rehabilitación das edificación danadas pola explosión do pasado 23 de maio, dende o Centro de Afectados estanse a confeccionar unha serie de listaxes nas que se poden inscribir as empresas e profesionais interesados.

Por unha banda as empresas interesadas en figurar na listaxe deben enviar un correo a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. onde figure o nome da empresa, persoa de contacto, enderezo, teléfono e correo electrónico, así coma unha pequena descrición dos traballos que realizan. A listaxe completa, que se irá actualizando diariamente, será facilitada aos afectados que o soliciten.

Por outra parte, dende a xerencia urbanística da catástrofe solicitouse aos colexios oficiais de arquitectos e arquitectos técnicos unha listaxe dos seus colexiados interesados en realizar as memorias valoradas que precisan os afectados para a solicitude das subvencións. A relación destes técnicos será tamén proporcionada aos afectados que a soliciten.

O Centro de Afectados, no Centro Municipal de Formación en Guillarei, abre de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e os martes e xoves de 16.00 a 20.00 horas

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

arte urbano

música

viaxes

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos