08122019Dom
Última edición: Dom, 08 Dic 2019 12pm

A Guarda homenaxea aos seus remeiros de hai medio século

Clubes senlleiros do deporte actual como Robaleira, Chapela, Meira, Tirán, Bueu, Ares e Rianxo renderán tributo este sábado cunha competición de traíñas

06 Junio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Volanteiros na Guarda Volanteiros na Guarda

A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro e o club de remo Robaleira organizan este sábado (17:00 horas) no porto de A Guarda unha regata de homenaxe ós remeiros afeccionados, pescadores todos eles, que entre os anos 40 e 70 do pasado século popularizaron o deporte do remo na vila do Baixo Miño.

A xornada de lembranza consistirá, no deportivo, nunha regata contrarreloxo de traíñas na que tomarán parte clubes senlleiros do remo actual na Ría de Vigo, coma son o propio Robaleira, Chapela, Meira e Tirán, e outros doutras rías coma Bueu, Ares e Rianxo.

Os remeiros de hoxe renden así homenaxe ós seus devanceiros, neste caso ós pescadores que hai máis de medio século popularizaron en A Guarda un deporte nado da propia práctica da pesca. Daquela, os pescadores organizábanse en botes de seis remeiros e un timonel –semellantes ás actuais traíñas- baixo o nome dunha taberna ou dunha tenda da vila e competían entre elas co gallo da celebración das festas do Carme.

As diferentes embarcacións respondían a nomes coma Jaula, Morales, Barquiño ou Mau Mau, que son as máis antigas das que se ten memoria e que terían continuidade noutras coma Chupa Ovos, A Revoltosa ou Alpiste.

Neses intres, o porto de A Guarda enchíase de público para seguir o enfrontamento final entre dous botes e cóntase que os gañadores pasaban despois longas xornadas de celebración ás que se unían, en ocasións, os perdedores.

Piueiro vén de realizar unha labor de pescuda nos últimos meses para identificar, coa axuda de antigos participantes nas devanditas regatas, a tódolos remeiros posibles. Todos eles, os que aínda viven en persoa e os que non a través dos seus familiares, serán homenaxeados na xornada do 9 de xuño, recibindo unha peza de cerámica deseñada polos membros da asociación Avelaiña -dedicada á axuda ás persoas con enfermidades mentais- e un libro fotográfico con imaxes de regatas do pasado, que serviron de base para atopar ós remeiros.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos