16122018Dom
Última edición: Sáb, 15 Dic 2018 9pm

Medio Rural inicia un novo traspaso de parcelas do Banco de Terras a Tomiño

Trátase de predios que non valen para arrendar pero si poden ter un uso veciñal ou municipal

12 Enero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Imaxe da reunión mantida este venres. / Foto: Consellería de Medio Rural Imaxe da reunión mantida este venres. / Foto: Consellería de Medio Rural

A Consellería do Medio Rural comezou os contactos para levar a cabo a última quenda do traspaso de parcelas do Banco de Terras a concellos de toda Galicia. O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, xa mantivo encontros cos concellos das provincias de A Coruña, Lugo e Ourense e este venres foi a quenda de Pontevedra. Na reunión indicóuselles aos municipios beneficiarios deste traspaso os predios que son susceptibles de recibir e o proceso a seguir a continuación.

En concreto, Medio Rural traspasará 84 terreos sen utilidade agraria aos concellos de Tomiño, Cuntis, Cerdedo-Cotobade, Cambados, Ribadumia e Vilanova de Arousa. Trátase de predios que non valen para arrendar, que é o obxectivo último do Banco de Terras, pero si poden ter un uso veciñal ou municipal. 

Estes terreos poderá pasar a ser dos concellos grazas á Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que permite a este tipo de parcelas pasen a ser directamente do municipio dun xeito máis áxil e con menos carga burocrática que a tradicional cesión que se viña realizando ata o de agora.

De feito, non é a primeira vez que se formaliza un traspaso deste tipo. En total, no 2017 a Consellería do Medio Rural formalizou o cambio de titularidade de 1.234 parcelas a 37 concellos e o obxectivo é chegar á revisión duns 2.500 terreos que forman parte do catálogo de terras pero que non poden ser arrendados a agricultores e gandeiros.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

tráfico

sucesos

tecnología

movilidad

sanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos