18012018Jue
Última edición: Jue, 18 Ene 2018 4pm

 

Nace na Guarda a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro

Asociacións e veciños da vila fundan o colectivo e presentan a súa candidatura para acoller en 2019 o Encontro de Embarcacións Tradicionais Mariñeiras

12 Enero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
 A primera xunta directiva de "Piueiro" está constituida polas seguintes persoas:  Presidente: Joaquín Cadilla Castro; Vicepresidente: José Benito Rodríguez González; Secretario: Celso Rodríguez Fariñas; Tesoureiro: Antolín Verde Alonso;  e Vogais: Agustín Ferreira Lorenzo, Prudencio T. Núñez González; Antonio Martínez Vicente, Silvia Mª Crespo Campos,  Bernardo Lomba Lomba e Francisco Antonio González Durán.  A primera xunta directiva de "Piueiro" está constituida polas seguintes persoas: Presidente: Joaquín Cadilla Castro; Vicepresidente: José Benito Rodríguez González; Secretario: Celso Rodríguez Fariñas; Tesoureiro: Antolín Verde Alonso; e Vogais: Agustín Ferreira Lorenzo, Prudencio T. Núñez González; Antonio Martínez Vicente, Silvia Mª Crespo Campos, Bernardo Lomba Lomba e Francisco Antonio González Durán.

Dende hai anos son varias as voces de A Guarda que amosaron, de xeito público ou privado, o seu interese por pór en marcha unha asociación que recuperase o pasado e a historia mariñeira da localidade. Esta idea foi tomando forma co pasar dos meses e finalmente o pasado 21 de outubro tivo lugar a primeira reunión formal dos impulsores desta iniciativa.

Deste xeito, reuníronse na sede de Orpagu representantes da propia Organización de Palangreros Guardeses, da Asociación Naturalista do Baixo Miño (Anabam), de Confradía de Pescadores Santa Tecla, Proxecto Socheo e da Asociación Infomaxe, así como varios veciños que quixeron formar parte do proxecto.

Bautizada co nome de Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais “Piueiro” -nome co que na Guarda se coñecen ás pedras que serven para suxeitar as redes no fondo-, o colectivo conta xa cun local social, cedido pola Confradía de Pescadores, onde dende o mes de outubro teñen feito varias xuntanzas de cara a definir o traballo da asociación e nomear a súa primera xunta directiva.

No obxetivo de potenciar, recuperar e pór en valor o mundo do mar no aspecto máis tradicional do mesmo definíronse tres eixos sobre os que actuar:

1º- Acadar tódolas fotografías e documentos anteriores dos arquivos existentes para crear unha base de datos que permita profundizar no tempo para visualizar a estreita ligazón que existe entre a orixe da nosa vila co mar.
2º- Recuperar as embarcacións tradicionais xa desaparecidas (dos antigos botes até a gamela) comenzando coa contrucción dunha réplica dos “volanteiros” guardés, desaparecidos a primeiros do século XX.
3º- Presentación da candidatura para ser sede do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia co obxetivo de xerar na vila estímulos que consoliden a necesidade de traballar na recuperación do patrimonio marítimo-fluvial ao longo do tempo.

Parte do traballo que está a facer "Piueiro" nestas primeiras semanas de existencia é a recompilación dese material. É por iso que fan un chamamento aos veciños e veciñas para que aporten toda a información que teñan nas súas casas vencellada ao mundo do mar, xa sexan fotografías, publicacións ou mesmo historias que lembren sobre o tema

 A primera xunta directiva de "Piueiro" está constituida polas seguintes persoas: Presidente: Joaquín Cadilla Castro; Vicepresidente: José Benito Rodríguez González; Secretario: Celso Rodríguez Fariñas; Tesoureiro: Antolín Verde Alonso; e Vogais: Agustín Ferreira Lorenzo, Prudencio T. Núñez González; Antonio Martínez Vicente, Silvia Mª Crespo Campos, Bernardo Lomba Lomba e Francisco Antonio González Durán.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

vigo

ciclismo

sanidad

educación

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos