26052017Vie
Última edición: Vie, 26 May 2017 8pm

TERRITORIO TRANSFRONTEIRIZO

Deputados e alcaldes da "raia" reclaman máis fondos da UE na rexión do Miño

Representantes galegos e portugueses cualificaron de “indignante” que a candidatura ‘Visit Rio Minho’ ao programa Poctep non sexa admitida por “un formalismo” e anunciaron que “levarán a protesta a Bruxelas se é preciso”

16 Febrero 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
A Deputación de Pontevedra, a CIM Alto Minho e os alcaldes dos concellos transfronteirizos da provincia e Portugal reivindicaron hoxe en Valença o investimento de máis fondos da Unión Europea no territorio transfronteirizo do río Miño. / Foto: Deputación de Pontevedra A Deputación de Pontevedra, a CIM Alto Minho e os alcaldes dos concellos transfronteirizos da provincia e Portugal reivindicaron hoxe en Valença o investimento de máis fondos da Unión Europea no territorio transfronteirizo do río Miño. / Foto: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, a CIM Alto Minho e os alcaldes dos concellos transfronteirizos da provincia e Portugal reivindicaron este xoves en Valença o investimento de máis fondos da Unión Europea no territorio transfronteirizo do río Miño.

Así o fixeron nun acto no que cualificaron de “indignante” que a candidatura ‘Visit Río Minho’ presentada á primeira convocatoria europea do programa Interreg V A- Poctep non fora admitida por un “formalismo administrativo”. Os representantes galego-portugueses aseguraron que, de non aceptarse as alegacións que permitan que a candidatura sexa validada, as súas protestas “chegarán a Bruxelas”.

O deputado de Cooperación Transfronteiriza da Deputación de Pontevedra, Uxío Benítez, destacou que o proxecto ‘Visit Río Minho’ é o único de todos os que se presentaron para obter fondos do Poctep que realmente beneficia relamente á veciñanza da fronteira entre España e Portugal. “Cada vez máis os fondos europeos están deturpados e concédense a rexións e proxectos non transfronteirizas. Nós demostramos que realmente conseguimos unha proposta forte de cooperación conxunta despois dun grande esforzo e traballo entre os concellos, deixando de lado localismos en favor dunha idea común para facer forte á fronteirar real”, subliñou. “Os fondos europeos deben compensar esas barreiras político administrativas e é moi grave que eses cartos se destinen a outra finalidade que non foi para a que se crearon”, insistiu.

Alegacións
Os responsables da candidatura veñen de presentar alegacións, que se deben resolver nas vindeiras semanas. De feito, oficialmente aínda non hai unha decisión sobre as propostas que recibirán os fondos da UE.

Nas alegacións solicítase que se reconsidere a candidatura galego portuguesa, que nin sequera foi valorada no seu contido, e esta poida optar aos fondos europeos. De non prosperar a reclamación, en calquera caso, o territorio transfronteirizo do Miño aínda ten opcións de seguir adiante coa candidatura, xa que nos vindeiros meses abrirase unha segunda quenda (con fondos específicos a maiores) para admitir propostas.

Segundo explicou o presidente da CIM Alto Miño, entidade responsable de presentar a candidatura ‘Visit Rio Minho’ na plataforma dixital europea onde se recollían os datos, o rexeitamento da iniciativa galego-portuguesa debeuse a un formalismo burocrático-administrativo “incualificable”. O problema radicou, dixo, en que non foi el, o propio presidente da CIM, o que coa súa carta persoal de cidadán introduciu os datos da candidatura, senón un funcionario da entidade no seu nome. “Que non se acepte unha candidatura de tantos concellos por unha interpretación dun formalismo de burócratas prodúcenos indignación. Agardamos ter unha resolución positiva en breve”, dixo.

Accións específicas ata 2019
A candidatura ‘Visit Río Miño’ desenvolve accións específicas que se pretenden executar ata o 31 de decembro de 2019. O investimento global de todas esas actuacións concretas ascende aos 7,5 millóns de euros, cunha achega do 75% de fondos comunitarios.

O fundamental da proposta ‘Visit Río Miño’ para o Poctep é consolidar a marca 'Río Miño' a través da elaboración dun plano estratéxico para posicionarse turísticamente a nivel internacional e así desenvolver a economía da zona. Preténdese traballar na preservación e interpretación do patrimonio natural transfronteirizo tratando de mellorar o seu coñecemento, os recursos naturais e os novos modelos de turismo verde na rede de espazos naturais tanto de montaña como de río. Así mesmo, traballarase na cualificación e posta en valor da rede de percorridos transfronteirizos a través de modelos de sinalización de rutas transfronteirizas e de pequenas intervencións co obxectivo de vertebrar o espazo común e a rehabilitación do patrimonio natural e cultural do río Miño.

Benítez quixo lembrar hoxe que os movementos transfronteirizos entre o Alto Miño e a provincia de Pontevedra representan preto do 47% dos fluxos de vehículos lixeiros rexistrados entre Portugal e España, sendo a fronteira de Valença-Tui o punto fronteirizo con maior intensidade media diaria de tráfico de pasaxeiros ao nivel estatal, con valores claramente superiores aos rexistrados por exemplo na fronteira do Algarve.

Por outra parte, o deputado tamén destacou que “Galicia é hoxe o principal cliente portugués en España e é cada vez máis un fenómeno de integración transfronteiriza na Península Ibérica. Se fose un país autónomo, Galicia sería o oitavo maior destino de exportación de Portugal, con valores de exportacións máis altos que os rexistrados a Italia ou á Bélxica e preto de tres veces superiores aos destinados ao Brasil. Fixo referencia tamén aos importantes fluxos turísticos entre o sur de Galicia e Portugal, sendo as durmidas de viaxeiros de ambas parten unha importante porcentaxe nos establecementos hoteleiros galegos e portugueses, así como a afluencia da veciñanza aos diferentes aeroportos da Eurorrexión.

Por todo isto, lembrou, é fundamental que os gobernos español e portugués “coa máxima urxencia”, dean unha “adecuada e definitiva resolución das cuestións relacionadas coa aprobación da candidatura ‘Visit Rio Miño’ que permita desenvolver economicamente unha fronteira que traballa en conxunto cun horizonte común”.

No acto de hoxe estiveron representante dos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salvaterra, As Neves, Arbo e Crecente, así como á CIM Alto Minho, cos municipios de Paredes de Coura, Melgaço, Vila Nova de Cerveira, Valença, Monção e Camiña. Todos eles, de xeito simbólico, participaron nunha fotografía na que ensinaron os seus documentos de identidade persoai, para demostrar que a candidatura ‘Visit Río Miño’ está avalada polas institucións que dirixen.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

banner reciclaje b FCC 2017

tráfico

tráfico

una imagen de vigo

  • Finca Guadalupe
    Finca Guadalupe Esta finca se llama “Guadalupe”, tal como reza en su gran portalón de entrada. Está ubicada en la Avenida de La Florida de la ciudad de Vigo, y el crecimiento urbano la va envolviendo.
    Leer más...

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos