11122019Mié
Última edición: Mar, 10 Dic 2019 9pm

consellería do mar

Expostos os plans de usos dos portos de Panxón e A Guarda

Establécense os correspondentes á actividade profesional, náutico recreativa, complementaria e o uso para infraestruturas básicas do porto

05 Noviembre 2016 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Porto da Guarda. / Foto: Selika Porto da Guarda. / Foto: Selika

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, vén de someter a información pública a de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP) dos portos pontevedreses de Panxón (Nigrán), A Guarda e tamén o da instalación do Pasaxe no termo municipal da Guarda. Estes documentos recollen o ordenamento do solo e a distribución das actividades que se desenvolven no dominio público portuario.

Os documentos, que incorporan todos os estudios preceptivos foron elaborados coa finalidade de definir a delimitación interior e exterior do dominio portuario e de asignar os usos correspondentes a cada unha das diferentes zonas do porto. Entre estes usos establécense os correspondentes á actividade profesional, náutico recreativa, complementaria, incluíndo neste as actividades loxísticas de almacenaxe ou reparación e as que corresponden a empresas industriais ou comerciais; e finalmente o uso para infraestruturas básicas do porto. A Consellería do Mar está a impulsar, como liña de traballo estratéxica, a redacción e tramitación destes documentos que permiten o desenvolvemento portuario ordenado.

A Delimitación de Espazos e Usos Portuarios é unha actuación encamiñada a mellorar a relación entre os portos e as vilas que os acollen. Deste xeito, a Consellería do Mar avanza na cohesión entre o tecido urbano e as infraestruturas portuarias, de modo que poidan beneficiar non só aos usuarios directos, senón tamén ao conxunto da cidadanía. Así mesmo, establece unha planificación e zonificación das diferentes actividades que conviven no peirao, a medio e longo prazo.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos