24072019Mié
Última edición: Mar, 23 Jul 2019 10pm

investimento

A Deputación achega 75.000 euros para demoler o edificio Cam Fran

O solar está destinado para albergar o edificio xudicial de Tui dende fai anos

24 Julio 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
A demolición do edificio Cam Fran, máis preto. A demolición do edificio Cam Fran, máis preto.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a achega de 74.344,71 euros ao Concello de Tui destinados á demolición do edificio Cam Fran da Avenida de Concordia, entre redacción de proxecto e execución de obra. Esta axuda atópase dentro da liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.

A inversión permitirá pechar unha larga débeda da vila xa que fai anos que está proxectada a demolición deste edificio, que nunca tivo actividade e que ocupa o solar destinado para o edificio xudicial de Tui.

Esta actuación súmase ás xa aprobadas anteriormente polo Plan Concellos, que destinou 415.152,75 euros na liña 1 para o acondicionamento e ampliación da edificación do futuro comedor escolar do CEIP Plurilingüe e Abalar Nº 2, a reparación, realización de melloras e a conservación das instalacións deportivas municipais “Alcalde Álvarez Durán”, a realización de diversas obras de mantemento e conservación do centro municipal de remo, a adquisición dun vehículo que se empregará en servizos municipais do concello, o subministro de mobiliario urbano, a restauración do palco da música no Cantón de Diomedes e a realización de obras no interior do pavillón da Macoca, así como 30.819 euros na liña 3 para a celebración de diversas actividades (a cabalgata de Reis e o Entroido) e financiamento dos programas de servizos municipais (a Escola de Música e o Conservatorio de Música) e 213.805 euros, finalmente, na liña 4 –emprego– para a contratación de 22 traballadoras e traballadores que están a traballar nos servizos municipais da vila.

No que levamos de 2016, o grao de adxudicación do Plan Concellos 2016 destinado a Tui sitúase no 77,1% do total, o que supón que neste momento o investimento na vila acada a cifra de 734.121,46 euros.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos