24072019Mié
Última edición: Mar, 23 Jul 2019 10pm

inauguración

O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz, de estrea

O Castelo de Santa Cruz acolleu a inauguración e apertura ó público do seu Centro de Interpretación, tras anos de obras e a rehabilitación do conxunto

08 Julio 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
No acto estiveron presentes numerosas autoridades. / Fotos: A Guarda No acto estiveron presentes numerosas autoridades. / Fotos: A Guarda

O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz comezará a funcionar este próximo domingo, atendendo a visitantes en fin de semana e días festivos.

Este venres tivo lugar o acto de inauguración, no que participou o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, o deputado de Cooperación, David Regades, e a deputada de Emprego, Montserrat Magallanes. A través do Plan Concellos 2016, a Deputación de Pontevedra achegou 16.058,82 € para esta infraestrutura, que se destinaron para servizos audiovisuais e equipamento.

Co novo Centro de Interpretación complétanse os traballos de recuperación e posta en valor do Castelo de Santa Cruz. Trátase dun recinto fortificado do século XVII que durante máis de 150 anos estivo en mans privadas e practicamente abandonado e que dende fai uns anos se ten recuperado e acondicionado grazas á cooperación e traballo en común entre as distintas Administracións. Dende 2013, o Castelo de Santa Cruz está aberto ao público e nestes anos fóronse completando os seus servizos, como este novo Centro de Interpretación.

O Concello da Guarda dispón agora dun amplo espazo verde e de lecer en pleno centro da vila, que pretende ademais converterse nun importante reclamo turístico para a zona dende onde os visitantes poden coñecer a historia das fortalezas transfronteirizas. O Castelo de Santa Cruz construíuse en 1664 para defender A Guarda dos portugueses, que querían independizarse de España. Forma parte dunha serie de fortalezas que durante a Guerra da Restauración se construíron ao longo de todo o tramo final do río Miño para defender as fronteiras do Baixo Miño.

O complexo do Castelo de Santa Cruz está declarado como Ben de Interese Cultural de Galicia, na súa categoría de monumento. Polo tanto, trátase dun ben que, polo seu recoñecido valor propio, é considerado como de interese relevante para a permanencia e a identidade da cultura galega a través do tempo.

2016 Inauguracin Castelo

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo en festas 2019

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Comarcas

Sin eventos

Agenda

Sin eventos