Ademais, segundo se especifica, o salario da persoa que resulte escollida tras superar uns baremos oficiais de puntuación será de 1.150 euros brutos mensuais por unha xornada laboral de 37,5 horas semanais de luns a domingo, co horario que determine o responsable municipal.
As funcións serán as de atender a oficina de información turística do monte, ofrecer o servizo de visitas guiadas pola zona, especialmente no que respecta aos restos arqueolóxicos. Igualmente, se fose preciso, o traballador debe organizar actividades de divulgación relacionadas co Santa Tegra.
O consistorio acaba de publicar as bases da convocatoria, así como os formularios de solicitude de participación no proceso, que están a disposición das persoas interesadas no Rexistro Xeral e na sede electrónica do Concello da Guarda.
O prazo para a presentación das candidaturas é de 10 días naturais a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO Nº60, 26/03/2018).