Deste xeito, reuníronse na sede de Orpagu representantes da propia Organización de Palangreros Guardeses, da Asociación Naturalista do Baixo Miño (Anabam), de Confradía de Pescadores Santa Tecla, Proxecto Socheo e da Asociación Infomaxe, así como varios veciños que quixeron formar parte do proxecto.
Bautizada co nome de Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais “Piueiro” -nome co que na Guarda se coñecen ás pedras que serven para suxeitar as redes no fondo-, o colectivo conta xa cun local social, cedido pola Confradía de Pescadores, onde dende o mes de outubro teñen feito varias xuntanzas de cara a definir o traballo da asociación e nomear a súa primera xunta directiva.
No obxetivo de potenciar, recuperar e pór en valor o mundo do mar no aspecto máis tradicional do mesmo definíronse tres eixos sobre os que actuar:
1º- Acadar tódolas fotografías e documentos anteriores dos arquivos existentes para crear unha base de datos que permita profundizar no tempo para visualizar a estreita ligazón que existe entre a orixe da nosa vila co mar.
2º- Recuperar as embarcacións tradicionais xa desaparecidas (dos antigos botes até a gamela) comenzando coa contrucción dunha réplica dos “volanteiros” guardés, desaparecidos a primeiros do século XX.
3º- Presentación da candidatura para ser sede do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia co obxetivo de xerar na vila estímulos que consoliden a necesidade de traballar na recuperación do patrimonio marítimo-fluvial ao longo do tempo.
Parte do traballo que está a facer «Piueiro» nestas primeiras semanas de existencia é a recompilación dese material. É por iso que fan un chamamento aos veciños e veciñas para que aporten toda a información que teñan nas súas casas vencellada ao mundo do mar, xa sexan fotografías, publicacións ou mesmo historias que lembren sobre o tema
A primera xunta directiva de «Piueiro» está constituida polas seguintes persoas: Presidente: Joaquín Cadilla Castro; Vicepresidente: José Benito Rodríguez González; Secretario: Celso Rodríguez Fariñas; Tesoureiro: Antolín Verde Alonso; e Vogais: Agustín Ferreira Lorenzo, Prudencio T. Núñez González; Antonio Martínez Vicente, Silvia Mª Crespo Campos, Bernardo Lomba Lomba e Francisco Antonio González Durán.