• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 13 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Conta atrás na Guarda para a remodelación «exemplar» da rúa Concepción Arenal

    Carmela Silva, Uxío Benítez e Antonio Lomba fixeron hoxe oficial o convenio de colaboración entre Deputación e Concello de A Guarda para executar o proxecto de mellora integral da estrada provincial
    Redacción por Redacción
    03 de Ene, 2018
    en A Guarda
    0
    Conta atrás na Guarda para a remodelación «exemplar» da rúa Concepción Arenal

    Tanto a presidenta da Deputación, Carmela Silva, como o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, como o alcalde guardés Antonio Lomba, manifestáronse satisfeitos polo proxecto de reforma, que ten un orzamento de3 1,598.755 euros, e que, ademais de ter un deseño que primará o tránsito peonil, renovará as canalizacións de auga e pluviais, soterrará servizos e instalará nova iluminación.

    A licitación da obra, segundo asegurou Benítez, será inminente, xa que o proxecto conta coa autorización sectorial da Dirección Xeral de Patrimonio. O inicio dos traballos realizarase previsiblemente na primavera, pactando un cronograma co concello para minimizar as posibles molestias. Unha vez comecen as obras, o prazo de execución será dun máximo de dez meses. O ámbito de actuación abrangue 8.527,85 metros cadrados, cunha lonxitude de 670 metros, con disposición en plataforma única e coa instalación de once redutores físicos de velocidade de vehículos, e unha velocidade máxima de 20 quilómetros por hora.

    O deputado de Mobilidade explicou que coa súa chegada á Deputación, o novo goberno provincial plantexou un cambio de filosofía que mudou as prioridades nos proxectos de mellora de estradas, poñendo o foco nas persoas e apostando por una Estratexia de Mobilidade 3.0 na que os eixos de actuación son a seguridade, a sustentabilidade e a inclusión. Para facer referencia ao Proxecto Integral de Mobilidade de Concepción Arenal botou a vista atrás, cando a Deputación construíu o acceso ao Porto de A Guarda (EP-3401) pola parte externa da vila. “Agora Concepción Arenal é unha rúa máis, hai que urbanizala e entregala ao Concello, cambiándolle a configuración e a vida dos guardeses, creando zonas de espazo público e prazas que dan valor engadido e calidade de vida á vila”, subliñou Benítez.

    SINATURA A GUARDA1

    O deputado nacionalista quixo facer fincapé no financiamento do convenio e subliñou que a Deputación farase cargo do 70% do custe da obra, mentres que o Concello só fará fronte ao 30% restante, “menos cantidade” da que lle correspondería realmente para facer fronte aos servizos da súa competencia: pluviais e saneamento, soterramento de servizos, nova iluminación ou mobiliario.

    Finalmente, Benítez destacou a importancia que terá o desenvolvemento do novo acceso ao Porto que a Xunta debe tramitar como proxecto sectorial. Lembrou as tres alternativas deseñadas pola Deputación, que permitirán retirar o tráfico pesado do centro da vila. “O uso de Concepción Arenal e o transporte de mercadorías ao Porto non son compatibles. A Deputación puxo sobre a mesa solucións a dous problemas: a recuperación do espazo na vila e o acceso ao Porto. Estamos nunha fase de recuperación das vilas na que só debe haber un final: recuperar o espazo para as persoas”, insistiu.

    “Visión radicamente diferente”
    A presidenta da Deputación, Carmela Silva, subliñou pola súa parte que o proxecto para Concepción Arenal demostra unha visión “radicamente diferente” do que se estaba a facer con anterioridade nos proxectos de reurbanización de estradas. “Antes primaba o uso de vehículos coa incomodidade para as persoas, que foron expulsadas dese espazo público. Abandonáronse eses espazos e volvéronse grises. Por iso hoxe é un día histórico para A Guarda, porque a obra vai cambiar a estética de Concepción Arenal radicalmente. Vai pasar de ser un espazo gris a un arco da vella: un lugar de grande atracción turística cun novo modelo onde priman os espazos de socialización e encontro da cidadanía”, subliñou.

    INFOGRAFÍA CONCEPCIÓN ARENAL1

    Silva tamén recoñeceu que o cambio de modelo para priorizar os tránsitos peonís que se propón en A Guarda “vai custar”. Indicou que para aceptar un modelo distinto e cambiar de hábitos é preciso entender que os modelos que se deben aplicar deben estar baseados na economía, pero non enfrontados coa calidade de vida, porque “os proxectos non só deben ter valor de mercado, senón valor humano. Por iso é importante asumir o risco de cambiar, pero facéndoo escoitando moito a todo o mundo e respectando moito a autonomía local”, asegurou.

    “A de Concepción Arenal vai ser unha infraestrutura do século XXI. Será unha obra de criterios técnicos e cun novo concepto de mobilidade cunha estética que será foco de atracción”, finalizou, sen deixar de aproveitar o momento para facer un chamamento á Xunta para que se “poña mans á obra” coa construción do novo acceso ao Porto da Guarda.

    Pola súa banda, o alcalde Antonio Lomba subliñou que a partir de agora verase a materialización dun proxecto “moi ambicioso” na parte técnica, cuxa pretensión é “cambiar a maneira de o espazo público” na vila e que suporá “unha mellora de hábitos e unha maior calidade de vida para todos os e as cidadáns, sobre todo de nenos e nenas e persoas maiores”.

    Lomba tamén insistiu en que o proxecto “é un reto” e recoñeceu que “cambiar inercias é difícil, porque no século XX creábanse os espazos para os coches e agora é difícil darlle a volta, pero nós facemos unha aposta de futuro. Queremos mellorar a vila ata ese punto”.

    Plataforma única e dúas prazas
    O proxecto para Concepción Arenal propón unha plataforma única co mesmo nivel para beirarrúas e tráfico rodado, xogando con diferentes materiais e texturas para os pavimentos. Crearase unha grande praza na fronte do convento de San Bieito, e darase un novo tratamento para a praza de Avelino Vicente. En ambos casos o criterio será a eliminación dos aparcamentos existentes e a recuperación da maior cantidade de superficie como espazo público para a cidadanía.

    SINATURA A GUARDA2

    No cruzamento coa rúa Enrique María Sesto e o hotel convento de San Bieito convivirán o tráfico e a circulación peonil, transformando o espazo da edificación relixiosa, potenciando as súas características monumentais e aproveitando o espazo público existente. Proponse unha área de descanso e reunión, cun espazo verde con árbores e bancos e, do outro lado, unha pérgola con trepaneras vexetais acompañada tamén de bancos. A rúa resólvese nun mesmo nivel e xógase cos materiais e texturas, de forma que a parte estritamente peonil levará lousa e a parte rodada unha base de formigón negro grafito con bandas transversais. Ao chegar á igrexa producirase un cambio na conformación do solado, cunha maior presenza de pedra.

    A segunda zona do proxecto de Concepción Arenal vai dende o cruzamento coa PO-552 ata a rúa Enrique María Sesto, e inclúe o tratamento da Praza Avelino Vicente. Os criterios a seguir serán os mesmos que na anterior zona: un único nivel con diferentes materiais para os pavimentos e elementos de formigón a modo de mobiliario urbano. A praza consolidarase arredor do monumento existente con dúas áreas de descanso diferenciadas: unha delas en forma lonxitudinal sobre unha das dúas fachadas acompañada de árbores e zonas de lecer, e a outra área disposta arredor dun dos elementos de formigón, con bancos e zonas verdes.

    43

    RelacionadosArtículos

    Vigo alcanza su peor evolución de contagios a unas horas del comité clínico
    Local

    La UNED de Vigo profesionaliza el sector de los ‘Wedding planners’

    13 de Ene, 2026
    Arranca la cuenta atrás para la Navidad de Vigo
    Local

    Arranca la cuenta atrás para la Navidad de Vigo

    13 de Ene, 2026
    Rúa Xulián Estévez
    Más Vigo

    Rúa Xulián Estévez

    13 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Actualidad

    El CESGA cooperará con UVigo y USC con la creación de dos laboratorios cuánticos compartidos

    12 de Ene, 2026
    Cadena de solidaridad ante las bajas reservas de sangre en Vigo: llamamiento (extraoficial) para donar tras Navidad
    Salud

    Cadena de solidaridad ante las bajas reservas de sangre en Vigo: llamamiento (extraoficial) para donar tras Navidad

    12 de Ene, 2026
    Trasladan a un hospital a un anciano hallado entre heces en un domicilio de Vigo
    Sucesos

    Detenido tras discutir con otro hombre y entrar en un hospital de Vigo con un cuchillo

    12 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    Caballero gasta 22.000 euros en luces y sonido para «proyectar imagen de transparencia» en las ruedas de prensa

    por Redacción
    12 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Rúa Xulián Estévez
    Más Vigo

    Rúa Xulián Estévez

    La fotografía muestra una parte de la Rúa Xulián Estévez, en el barrio de Teis, en la ciudad de Vigo....

    por Julio Alonso
    13 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    Cultura

    «Esencia» de Sergio López Vidal, tercer premio del I Certamen de Relatos de VigoÉ

    Sergio López Vidal ha recibido el tercer premio del I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ con su relato «Esencia». Como...

    por Redacción
    12 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR