Pola mañá, ofrecerá un relatorio sobre “A música en Galicia. A música en galego” no salón de actos da Facultade de Filoloxía e, pola tarde, actuará no tatro de Cidade Universitaria do Campus de Vigo, dentro da xira de presentación do seu terceiro e último traballo, Tronzar os valos. A cantante compartirá co público un tempo de conversa no que achegará as súas reflexións e experiencias destes últimos anos. O relatorio enmárcase dentro das actividades organizadas pola Comisión de Normalización de Filoloxía.
O concerto, organizado pola a Vicerreitoría de Extensión Universitaria dentro da programación deste outono-inverno, ofrecerá a oportunidade de gozar do directo desta cantante comprometida e libre, coma se define a propia Sés. Tocará cancións do seu terceiro álbum, Tronzar o valos, con temas que responden con música e ideas a un tempo de abatemento.
SÉS Relatorio A música en Galicia. A música en galego Data: 19 de novembro Hora: 12.00 h // Entrada libre ata completar aforamento Lugar: Salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución Concerto da xira Tronzar os valos Data: 19 de novembro Hora: 18.30 h // Entrada libre ata completar aforamento Lugar: Teatro Cidade Universitaria. Campus de Vigo. |