25052018Vie
Última edición: Vie, 25 May 2018 1pm

O Campionato de España Universitario de vela, celebrado esta semana en Alacante, deixa unha das mellores noticias da temporada deportiva para a Universidade.

De igual xeito que se emprega a terapia con animais con persoas maiores ou con algún tipo de discapacidade, a idea é trasladar os beneficios que ten o contacto entre humanos e cans á contorna académica. Con este obxectivo, o Gabinete Psicopedagóxico da Universidade de Vigo pon en marcha un obradoiro de terapia asistida para facer fronte ao estrés e á ansiedade en época de exames. O curso estenderase ata o 27 de xuño cunha clase semanal en cada campus.

Coa proximidade do período de exames as bibliotecas dos tres campus da Universidade de Vigo amplían ata o vindeiro 8 de xullo os seus horarios para facilitar ao alumnado a organización das súas horas de estudo. Así, durante as fins de semana e días festivos, o horario de apertura será de 08.00 a 22.00 horas nas bibliotecas da EE Industrial en Torrecedeira, Biblioteca Central de Ourense e a de Pontevedra.

Un equipo de científicos da Universidade de Vigo e do Instituto de Ciencias do Mar (CSIC) de Barcelona acaban de facer públicos os resultados dun estudo no que desvelan que a fotosíntese mariña é mais sensible aos nutrientes que á temperatura. O traballo está liderado polo profesor do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal, Emilio Marañón, e acaba de ser publicado nunha das revistas do grupo Nature, The ISME Journal.

Non foi ata este mes de abril de 2018 que se completou o proceso de ocupación por parte das e dos integrantes dos grupos de investigación, do Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial, MTI. Construído entre os años 2007-2013, foi en 2016 cando comezou o traslado das e dos 168 investigadores, que integran os catorce grupos dos ámbitos da enxeñaría industrial e da enxeñaría da minas e da enerxía, que ocupan a día de hoxe os preto de 4000 metros cadrados, distribuídos en catro plantas, do MTI.

explosión en tui

explosión en tui

  • La hecatombe en Tui, desde cielo y tierra
    La hecatombe en Tui, desde cielo y tierra "Devastación total", "bomba atómica", "una guerra nuclear". Estos son las descripciones que hacen los vecinos del barrio tudense de A Torre, en la parroquia de Paramos, del estado en el que quedó la zona tras la grave explosión de un…
    Leer más...

explosión en tui

explosión en tui

  • Últimas noticias

  • Más leído