27052017Sáb
Última edición: Sáb, 27 May 2017 1pm

O Concello de Baiona incrementará este ano o seu persoal municipal con 25 empregados contratados a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. O goberno local decidiu acollerse á cantidade máxima de investimento permitida pola institución provincial e adicará un total de 201.551 euros da liña correspondente ao fomento de emprego co denominado Plan Emprégate 2017.

O Grupo Municipal da Marea de Vigo valora "positivamente" os anuncios que varias empresas teñen feito nos pasados días con respecto a cargas de traballo ou formalización de contratos  e inversión en infraestruturas recuperando servizos externalizados. Sendo conscientes de que moitos de estes anuncios veñen dados polas axudas con cartos públicos que veñen de recibir unha grande cantidade de empresas, a Marea de Vigo considera que estas axudas deben levar consigo "inexorablemente as condicións necesarias para garantir a creación de emprego estable e de calidade, non se pode investir cartos públicos, de todas e todos, para beneficio das contas dunha empresa privada, tal e como está sucedendo".

A Federación de Saúde da CIG concentrouse este mércores no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para denunciar as condicións de traballo a que están sometidos/as as traballadoras/es da sanidade pública, cun forte incremento da temporalidade e da precarización. Destacan que na área sanitaria de Vigo existen “exemplos sobrados”, sumando á política xeral de recortes as consecuencias da privatización do Hospital.

Con motivo do Día Mundial da Saúde Mental a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, sumouse a esta conmemoración xa que “desde que cheguei á Deputación de Pontevedra, as políticas públicas se converteron no obxectivo prioritario da institución provincial”.

O alcalde de Vigo deu conta este venres de dúas novas iniciativas de fomento do emprego. Por unha banda, referiuse á resolución da convocatoria de subvencións para espazos coworking, dotada con 30.000 euros, e, en segundo lugar, aludiu á aprobación dun convenio con Citroën de 300.000 euros, que permitirá contratar 60 traballadores.

banner limpieza b FCC 2017

tráfico

tráfico

una imagen de vigo

  • Finca Guadalupe
    Finca Guadalupe Esta finca se llama “Guadalupe”, tal como reza en su gran portalón de entrada. Está ubicada en la Avenida de La Florida de la ciudad de Vigo, y el crecimiento urbano la va envolviendo.
    Leer más...

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído