22012017Dom
Última edición: Dom, 22 Ene 2017 10am

O alcalde informou este venres da aprobación da convocatoria de selección dos beneficiarios do plan municipal "Vigo Emprega", que, na súa primeira quenda, contratará a 128 profesionais -de colectivos con difícil inserción laboral- para realizar traballos na cidade.

Tras o "gran éxito" acadado onte en FITUR, este venres o alcalde avanzou que a próxima semana se contratará a elaboración do primeiro documento para a presentación oficial da candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade. "Todo sinala que o imos conseguir", valorou Caballero.

O alcalde de Vigo comprometeuse este venres co profesorado e cos pais do colexio Párroco Don Camilo a estudar a posibilidade de abrir un acceso pola parte de abaixo do centro educativo. Deste xeito, os douscentos escolares evitarían o tráfico rodado da estrada na que está situada na entrada nestes momentos.

"Trátase dun modelo de cercanía, dunha cidade solidaria que quere combater a soidade da xente maior", asegurou este luns o alcalde, Abel Caballero.

Segundo informou Abel Caballero, o Boletín Oficial da Provincia publica este luns a convocatoria das bolsas de estudos que oferta o goberno de Vigo para o alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo. Os interesados poden optar desde este martes a algunha das 92 prazas dispoñibles, despois de que o Concello duplicara este ano o orzamento e o número de vacantes.

celta

tráfico

tráfico

tráfico

  • Últimas noticias

  • Más leído