27052017Sáb
Última edición: Sáb, 27 May 2017 1pm

O Pavillón Municipal de O Rosal será o escenario a vindeira fin de semana da fase final da Copa Federación de Primeira Autonómica Masculina. Narón, Seis do Nadal B, Culleredo e Acanor Atl. Novás B -como anfitrión- pelexarán os días 22 e 23 de abril por facerse co trofeo de campión.

Este venres tivo lugar no Porriño o sorteo da fase final da Copa da Raíña de balonmán feminino, que se celebrará nesta localidade galega entre os días 29 de abril e 1 de maio. O balonmán galego estaba pendente dos cruces que lles corresponderían aos dous equipos galegos presentes no torneo e nesta oportunidade non houbo excesiva mala fortuna para os nosos representantes.

Galicia volveu a sorprender a Xapón. Este domingo, no partido amigable disputado no Rosal, a selección galega foi de menos a máis para lograr a vitoria nuns espectaculares minutos finais (28-26). O sábado, lembremos, os galegos xa lograran rabuñar un empate ante os asiático en Bueu (29-29).

Unha prata e un bronce. Ese é o balance de medallas das seleccións galegas presentes no Campionato de España de Seleccións Territoriais 2017, que se disputou estes días en Cataluña, e no que os equipos galegos amosaron unha magnífica imaxe. A selección galega xuvenil masculina logrou a medalla de prata, tras perder na final contra Cataluña, mentres que a selección infantil feminina foi bronce, ao vencer este sábado a Madrid nun emocionante choque. Ademais, hai que destacar a cuarta posición do combinado cadete feminino e o quinto lugar dos infantís masculinos. Galicia cadete masculino rematou na sexta posición, mentres que a selección xuvenil feminina foi bronce na Copa de España. Na entrega de medallas, Galicia recolleu a bandeira com organizadora do próximo campionato de España.

A selección galega xuvenil masculina xogará este sábado a final do Campionato de España de Seleccións Territoriais 2017, que se está a disputar estes días en Cataluña. Os galegos, que fixeron unha semifinal perfecta contra Andalucía, xogarán polo ouro contra os anfitrións, Cataluña. Pola súa banda, as seleccións galegas infantil e cadete femininas loitarán polo bronce, ao non poder vencer nas súas semifinais. As seleccións infantil e cadete masculina venceron este venres e este sábado loitarán pola quinta posición no campionato, mentres que o equipo xuvenil feminino perdeu nas semifinais da Copa de España e xogará polo terceiro posto.

banner limpieza b FCC 2017

tráfico

tráfico

una imagen de vigo

  • Finca Guadalupe
    Finca Guadalupe Esta finca se llama “Guadalupe”, tal como reza en su gran portalón de entrada. Está ubicada en la Avenida de La Florida de la ciudad de Vigo, y el crecimiento urbano la va envolviendo.
    Leer más...

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído