Babel gañou o Globo de oro á mellor película dramática no ano 2007 e foi candidata a sete premios Óscar, entre eles mellor película e mellor director. Finalmente só conseguiu o premio na categoría de mellor banda sonora.
A película comeza cando dous nenos marroquís están a probar o rifle do seu pai ferindo de gravidade a unha turista americana (Cate Blanchet). O suceso provocará unha serie de consecuencias noutras partes do mundo: na vida dunha adolescente xorda que vive en Tokio e nunha neneira mexicana que vive en Estados Unidos.
Por outra banda, aprázase o comezo da Mostra Internacional de Teatro Universitaria de Vigo, Miteu, que estaba previsto para mañá coa representación de Don Giovanni a cargo do grupo da Comedia da Arte da ESAD de Vigo. Nos próximos días, comunicarase a nova data. Forman este ano a Miteu un total de seis obras.
Babel Alejandro González Iñárritu, 2006 Data: Mércores, 15 de marzo Hora: 20.00 h // Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento Lugar: Edificio Cambón. Rúa Oliva, 3. Casco Vello. Vigo |