25052018Vie
Última edición: Vie, 25 May 2018 6pm

Emilio Fernández procura a reitoría cun equipo paritario “con sobrada capacidade”

O candidato presentou este martes, véspera do inicio da campaña, ao seu equipo

03 Abril 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O equipo de goberno de Emilio Fernández tería nove vicerreitorías. / Foto: Duvi O equipo de goberno de Emilio Fernández tería nove vicerreitorías. / Foto: Duvi

Cinco vicerreitoras: Elena Alonso Prieto, Edita de Lorenzo Rodríguez, Mercedes Vila Alonso, Paloma Morán Martínez e Susana Cruces Colado. Catro vicerreitores: Juan Pou Saracho, Ángel Espada Seoane, Javier Rodríguez Rajo e Juan Manuel Corbacho Valencia e un secretario xeral: Roberto Bustillo Bolado. Este é o equipo de goberno co que a formación ‘Ideas que suman’ concorrerá ás eleccións a reitor que se celebrarán o vindeiro 23 de abril na Universidade de Vigo.

O candidato Emilio Fernández foi o encargado de presentar este martes no salón de graos da Escola de Enxeñería Industrial do campus de Vigo, e posteriormente nos de Pontevedra e Ourense, ás persoas que ocuparán as nove vicerreitorías e a Secretaría Xeral, así como o programa de goberno que desenvolverán caso de acadar a vitoria no proceso electoral que terá lugar en pouco menos de tres semanas.

Tras asegurar que a Universidade de Vigo se atopa nunha encrucillada histórica na que se xoga o seu futuro e afirmar que “somos unha boa universidade que aspira a manterse no grupo das 200 mellores do mundo de menos de 50 anos”, Fernández sinalou que “aspiramos a ser o motor da modernidade de Galicia e da creación de riqueza asociada á educación superior, apostando pola investigación, a docencia de extrema calidade, a innovación, a atracción dos mellores profesionais e a internacionalización”.

O candidato a reitor, que reivindicou “o carácter integrador” da formación que encabeza, asegurando que “non é tempo de posición, nin de goberno, é tempo de universidade”, gabou a capacidade de diálogo e de traballo do equipo que o acompañará e debullou as principais liñas estratéxicas dun programa electoral que inclúe 45 obxectivos e 200 medidas concretas.

“Capacidade de traballo, experiencia, transparencia, pero sobre todo de diálogo e de escoita”. Estas son as características comúns, que segundo Fernández, comparten as e os integrantes do equipo de goberno co que ‘Ideas que suman’ aspira a gañar as eleccións do 23 de abril.

‘A Universidade que queremos’
200 persoas de diferentes ámbitos, organizadas en sete grupos de traballo, encargáronse da elaboración do programa electoral de ‘Ideas que suman’, un proceso no que tamén participaron representantes da comunidade universitaria e de colectivos alleos á institución, “co obxectivo de enfrontar o presente recuperando e ilusión e gañar o futuro”, asegurou Emilio Fernández.

Baixo a idea de ‘A Universidade que queremos’, o programa electoral de ‘Ideas que contan’ aposta por unha universidade centrada na docencia, a investigación e a transferencia “na que o tempo dedicado ás tarefas burocráticas se minimice coa implantación dun Programa de Actualización do Sistema de Administración e Xestión, a integración de procesos e servizos e a dixitalización masiva da universidade”, explicou o candidato.

A avaliación da estrutura organizativa do PAS e a negociación e execución das modificacións necesarias para corrixir disfuncións detectadas, é outro obxectivo do programa, que tamén contempla unha política de profesorado estable que procure o relevo xeracional, “establecendo procedementos e criterios de promoción e funcionarización consensuados e estables e aplicando políticas de redución de desequilibrios docentes entre ámbitos”, sinalou Emilio Fernández.

Unha formación integral do estudantado, profesorado e PAS a través dun plan que facilite o debate e a transferencia do coñecemento inter-ámbitos; a empregabilidade do alumnado mediante o reforzo da oferta e da calidade das prácticas preprofesionais e o lanzamento dun programa de bolsas de colaboración en grupos de investigación que acadaría a 600 estudantes na lexislatura, son outras medidas contempladas no programa electoral de ‘Ideas que suman’.

“Queremos unha universidade que aposta pola investigación e a transferencia, que potencia os centros singulares e agrupamentos estratéxicos, fortalece os seus grupos consolidados, pon en marcha contratos-programa destinados a grupos produtivos sen financiamento na actualidade e desenvolve plans de acción específicos de intensificación de investigación en grupos pre-competitivos de todos os ámbitos, en especial, no xurídico-social, artes e humanidades”, explicou o candidato a reitor, que tamén se referiu á necesidade de captar e reter talento.

Unha universidade internacionalizada que internacionaliza o seu estudantando a través do progreso no multilingüismo da docencia; que se converta nun referente en igualdade e recoñecemento da diversidade e que sexa da sociedade e para a sociedade, que fomente a lingua e cultura galega e reforce a súa inserción na contorna social, son outras actuacións contempladas na súa acción de goberno.

Comeza a campaña
En relación coa campaña electoral que mañá comeza e finalizará o 19 de abril, Emilio Fernández avanzou que no caso da formación que dirixe será “de proximidade, percorrendo todos os centros dos tres campus e traballando porta a porta falando e escoitando á xente”.

O candidato a reitor de ‘Ideas que suman’ asegurou que será unha campaña “extremadamente limitada en recursos” e na que “non queremos enfrontamentos”.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

explosión en tui

explosión en tui

  • La hecatombe en Tui, desde cielo y tierra
    La hecatombe en Tui, desde cielo y tierra "Devastación total", "bomba atómica", "una guerra nuclear". Estos son las descripciones que hacen los vecinos del barrio tudense de A Torre, en la parroquia de Paramos, del estado en el que quedó la zona tras la grave explosión de un…
    Leer más...

explosión en tui

explosión en tui

  • Últimas noticias

  • Más leído