• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    sábado, 2 de julio de 2022
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Vigo, única universidade europea nas probas da principal plataforma europea de e-saúde

    A UVigo participa con Panoramix, unha app “madura e consolidada” para detectar o deterioro cognitivo en maiores
    Redacción por Redacción
    30 de Mar, 2022
    en Ciencia y Tecnología
    0
    Vigo, única universidade europea nas probas da principal plataforma europea de e-saúde

    Desde attlanTTic levan xa preto dun ano metidos de cheo no reto de preparar esta aplicación para transferir os datos a Gatekeeper. / Foto: DUVI

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Presentáronse 114 propostas de 23 países diferentes e foron seleccionadas 11, dez empresas e unha universidade, a de Vigo, converténdose así na única institución educativa europea –das 20 presentadas- seleccionada para participar nas probas de demostración da tecnoloxía desenvolta por Gatekeeper, un dos grandes consorcios internacionais sobre e-saúde financiado pola Comisión Europea con 21,3 millóns de euros e chamado a promover un importante salto tecnolóxico no sector e-health en Europa. Logrouse grazas ao traballo desenvolto polo grupo de Enxeñaría de Sistemas Telemáticos do centro de investigación atlanTTic, autores de Panoramix, unha aplicación “moi madura e validada” que axuda a detectar o deterioro cognitivo en persoas maiores.

    Gatekeeper lanzou a convocatoria para a integración de solucións externas a comezos de 2021 e a nova de que foran seleccionados chegoulles no verán, polo que desde attlanTTic levan xa preto dun ano metidos de cheo no reto de preparar esta aplicación para transferir os datos que xera a ferramentas externas, neste caso as desenvoltas por Gatekeeper, unha iniciativa que ten como obxectivo conectar a todos os actores da contorna sanitaria a través dunha plataforma aberta, que permita aproveitar todo o potencial das novas tecnoloxías para mellorar os servizos sanitarios que se ofrecen a unha poboación cada vez máis envellecida.

    “Estamos moi contentos porque foi un proceso moi competitivo no que se aceptaron menos do 10% das propostas”, explica o catedrático da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Luis Anido, investigador principal do proxecto. “Para nós foi un reto especialmente complicado porque competiamos, sobre todo, con grandes empresas biotecnolóxicas, con produtos en moitos casos consolidados no mercado e cunha infraestrutura e recursos moito maiores que os nosos”, explica Anido.

    Videoxogos ‘terapéuticos’

    O obxecto da colaboración con GateKeeper é incorporar a batería de xogos Panoramix á infraestrutura de Gatekeeper. “Panoramix é un conxunto de xogos serios, é dicir, videoxogos que van máis aló do puro entretemento, que empregan Machine Learning para poder identificar, a partir de como xoga unha persoa, unha potencial situación de deterioro cognitivo, que incluso pode derivar en alzhéimer”, explica o investigador.

    O obxectivo final é que os xogos de Panoramix poidan ser descargados dende Gatekeeper, como calquera outra das ferramentas médicas que se ofrecerán dende esta plataforma. Ao tempo, están tamén a traballar para que os datos que se obteñen dos xogos, “convenientemente tratados e protexidos dende o punto de vista legal”, poidan ser incorporados aos almacéns de datos de Gatekeeper e utilizados como un elemento máis para a realización dun diagnóstico médico integral.

    Xuño no horizonte

    Levan moitos meses traballando neste proxecto e o obxectivo é ter todo listo en verán. Empezaron desenvolvendo os mecanismos para as transformacións dos modelos de datos propios de Panoramix aos estandarizados que propón a plataforma europea, así como na incorporación de novos módulos aos xogos para que se poidan comunicar a través de internet con Gatekeeper. “Contamos coa vantaxe de que temos moita experiencia no ámbito da estandarización tecnolóxica, por exemplo no eido do e-learning, onde eu comparto xunto cun representante da UNED a secretaría técnica do grupo de estandarización de tecnoloxías educativas en UNE e levamos a representación do estado a nivel europeo (CEN) e internacional (ISO)”, explica o docente vigués.

    Nestas semanas o traballo centran o seu traballo na integración coas infraestruras de GateKeeper, que xa ten lista a súa versión inicial e, unha vez rematen con esta tarefa, realizarán as primeiras probas. “O obxectivo deste piloto é dobre: por unha banda, validar tecnicamente os resultados da nosa integración en Gatekeeper e, pola outra, queremos tamén extraer datos que nos permitan realizar un seguimento lonxitudinal da evolución das persoas maiores que utilizan estes xogos”, subliña Anido, ao que engade que a idea é investigar o impacto que o uso deste tipo de videoxogos pode ter na evolución do seu deterioro cognitivo e, incluso, “se poden ser usados como ferramenta de intervención”.

    Anos de traballo

    O grupo de Enxeñería  Telemática da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, hoxe integrado en atlanTTic, iniciou a liña de investigación de atención socio-sanitaria a persoas maiores a principios do 2010. Dende entón, desenvolveron ecosistemas de aplicación para contornas multidispositivo (smart phone, tablet, smart TV). No 2014 comezaron a traballar no uso de xogos serios e Machine Learning con obxectivos de cribado de situacións de deterioro cognitivo.  “A solución Panoramix foi desenvolta a través de diferentes proxectos de investigación e transferencia e acabou materializándose na tese de doutoramento de Sonia Valladares, que é a súa alma máter”, explica o catedrático vigués.

    Durante todo este proceso -dende 2014 ata 2019, cando a investigadora presentou a súa tese- desenvolvéronse varios pilotos coa participación de máis dun cento de persoas de toda Galicia e o norte de Portugal que utilizaron esta ferramenta en contornas reais, nas súas  propias casas. “Contamos xa cun prototipo totalmente operativo, probado nunha contorna real, cun nivel de madurez moi elevado”, recalca o docente, ao que engade que para ter unha solución comercial unicamente precisan dunha validación a través dun ensaio clínico. “Creo que dende Gatekeeper si valoraron que, a diferenza doutras iniciativas procedentes do ámbito universitario, a validación do noso prototipo era claramente moito máis sólida que as  típicas probas de laboratorio ou grupos focais reducidos de, como moito, un par de decenas de usuarios en contornas controladas”, recalcou Anido.

    En todos estes anos o grupo leva desenvolto múltiples vías de colaboración con diferentes asociacións, institucións e empresas do sector, así como tamén coas administracións públicas con competencias no ámbito socio-sanitario. Neste caso concreto a colaboración levouse a cabo con Afaga, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer, con quen manteñen unha “excelente relación” desde que iniciaron a colaboración hai máis de seis anos. “Somos socios en varias iniciativas e a integración con eles é perfecta, teñen unha capacidade para poder visualizar avances e innovacións para atender ás persoas maiores e ás súas familias que fai que sexa moi doado traballar con eles”, salienta Anido.

    Tags: PanoramixUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    A UVigo confírmase como a primeira administración pública galega máis transparente
    Local

    A UVigo confírmase como a primeira administración pública galega máis transparente

    01 de Jul, 2022
    O equipo de aeromodelismo da UVigo competirá na Air Cargo Challenge 2022 en Alemaña
    Ciencia y Tecnología

    O equipo de aeromodelismo da UVigo competirá na Air Cargo Challenge 2022 en Alemaña

    30 de Jun, 2022
    Relacións Laborais e Recursos Humanos terá quenda de tarde o vindeiro curso na Uvigo
    Local

    Relacións Laborais e Recursos Humanos terá quenda de tarde o vindeiro curso na Uvigo

    29 de Jun, 2022
    A UVigo súmase á Red de Universidades por la Diversidad
    Local

    A UVigo súmase á Red de Universidades por la Diversidad

    28 de Jun, 2022
    A UVigo coordina a creación dunha plataforma web para detectar datos falsos no debate político
    Medios

    A UVigo coordina a creación dunha plataforma web para detectar datos falsos no debate político

    27 de Jun, 2022
    Investigadores da Uvigo deseñan lentes de contacto que permiten detectar enfermidades
    Ciencia y Tecnología

    Investigadores da Uvigo deseñan lentes de contacto que permiten detectar enfermidades

    22 de Jun, 2022

    Más Vistos

    Un local de Nigrán y otro de Redondela, en la lista de mejores terrazas y chiringuitos para el verano

    Un local de Nigrán y otro de Redondela, en la lista de mejores terrazas y chiringuitos para el verano

    por David Lorenzo
    29 de Jun, 2022
    0

    Una recreación en 3D muestra cómo eran la Praza de América y As Travesas de Vigo con tranvías y cocheras

    Una recreación en 3D muestra cómo eran la Praza de América y As Travesas de Vigo con tranvías y cocheras

    por Redacción
    26 de Jun, 2022
    0

    Vigo se suma a la moda de las fiestas silenciosas con una noche ibicenca en Beade

    Vigo se suma a la moda de las fiestas silenciosas con una noche ibicenca en Beade

    por Redacción
    28 de Jun, 2022
    0

    Tres detenidos, uno de ellos herido, en una pelea con machetes en el montaje de las fiestas de Coia

    Tres detenidos, uno de ellos herido, en una pelea con machetes en el montaje de las fiestas de Coia

    por Redacción
    30 de Jun, 2022
    0

    -

    El Festival Latitudes de Vigo agota sus abonos más baratos en una hora

    por David Lorenzo
    01 de Jul, 2022
    0
    El Festival Latitudes de Vigo agota sus abonos más baratos en una hora
    Música

    Vigo ha acogido con los brazos abiertos la celebración del Festival Latitudes. Era el único evento musical, dentro de los...

    Leer mas

    Los solpores gastronómicos por la ría de Vigo vuelven con más aforo y menú actualizado

    por David Lorenzo
    01 de Jul, 2022
    0
    Los solpores gastronómicos por la ría de Vigo vuelven con más aforo y menú actualizado
    Gastronomía

    Vuelve a Vigo el evento veraniego ‘Solpor a Bocados’, organizado por la Asociación Vigo Gastronómico, que realizará el martes 5...

    Leer mas

    Abierto el plazo de ayudas para rehabilitar, comprar o alquilar vivienda

    por Redacción
    28 de Jun, 2022
    0
    Abierto el plazo de ayudas para rehabilitar, comprar o alquilar vivienda
    Vivienda

    Rehabilitación de viviendas, renovación de fachadas, o ventanas, redacción de proyectos técnicos o incluso la compra de vivienda habitual en...

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Covid-19
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    ¡Bienvenido/a!

    Inicia sesión con los siguientes datos

    Recuperar contraseña

    Recupera tu contraseña

    Introduce tu usuario y correo para resetear tu contraseña.

    Iniciar sesión
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado

    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.

    Non-necessary

    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.

    GUARDAR Y ACEPTAR